Dynastinae é unha subfamilia de escaravellos da familia Scarabaeidae coñecidos na literatura como escaravellos rinoceronte, polos seus grandes cornos torácicos ou cefálicos. Comprende unhas 1500 especies e 225 xéneros.

Moitos destes escaravellos son ben coñecidos polas súas características formas e gran tamaño. Algunhas especies famosas son, por exemplo, Chalcosoma atlas, Xylotrupes ulysses, Megasoma elephas (escaravello elefante), Oryctes nasicornis (cabraloura), Dynastes hercules (escaravello hércules), Allomyrina dichotoma, Strategus aloeus e Dynastes tityus.

Descrición e ecoloxía miniatura|esquerda|A cabraloura en tres estadios de larva a adulto:Larva (atrás), pupa (centro), imago (diante).

Os Dynastinae son os escaravellos máis grandes, chegando a máis de 15 cm de longo, pero son completamente inofensivos para os humanos, xa que non poden morder ou picar. Dalgunhas especies afirmouse anecdoticamente que podían transportar un peso 850 veces maior que o seu peso corporal (pero esa cifra ponse en dúbida). Unha especie extinguida do Eoceno Oryctoantiquus borealis foi o escarabeido fósil máis grande coñecido do seu tempo, cunha lonxitude de 5 cm.Brett Ratcliffe, Dena M. Smith, Diane Marie Erwin. "Oryctoantiquus borealis, New Genus and Species from the Eocene of Oregon, U.S.A., the World's Oldest Fossil Dynastine and Largest Fossil Scarabaeid (Coleoptera: Scarabaeidae: Dynastinae)". 2009. The Coleopterists Bulletin 59 (marzo de 2005):127-135 DOI:10.1649/0010-065X(2005)059[0127:OBNGAS]2.0.CO;2 Algúns Oryctini modernos crecen ata os 7 cm. Os nomes comúns dos Dynastinae refírense aos seus característicos cornos que teñen só os machos da maioría das especies. Teñen un corno na cabeza e outro apuntando cara a adiante no centro do tórax. Os cornos utilízanos nas loitas entre os machos durante a tempada de apareamento e para escavar. O tamaño dos cornos é un bo indicador do estado de nutrición e saúde física do animal.

O corpo dun escaravello rinoceronte adulto está cuberto por un groso exoesqueleto. Teñen un par de ás grosas chamadas élitros e debaixo outro par de ás membranosas coas que voa, aínda que non moi eficientemente debido ao seu gran tamaño. A súa mellor protección dos predadores é o seu tamaño e altura. Ademais, como son nocturnos, evitan moitos dos seus predadores durante o día. Cando sae o sol, agóchanse baixo os troncos ou na vexetación para camuflarse ou ocultarse dos depredadores. Se son molestados, algúns poden facer un ruído como un soprido, creado pola frotación do seu abdome cos extremos dos élitros. Son bastante resistentes.

Os seus estadios larvais poden durar varios anos. Aliméntanse de madeira. Pasan polos estadios de larva, pupa e adulto.

Apareamento

O macho do escaravello rinoceronte xaponés Allomyrina dichotoma loita para dominar os sitios onde se alimenta do zume interno das árbores. Os machos usan os seus cornos para facer panca nos machos rivais e botalos da área, o cal tamén lles dá a posibilidade de aparearse coas femias de alí. Nesta e outras especies que defenden os sitios de apareamento, os machos máis grandes e con cornos maiores son os que se aparean máis frecuentemente, xa que gañan as contendas. Os machos pequenos adoitan evitar os grandes e seguen estratexias alternativas para ter acceso ás femias.

Interaccións cos humanos

Uso polos humanos

Estes escaravellos son populares como animais de compañía en partes de Asia,"WHO? KNEW" (6 de maio de 2005) Current Science Vol.90 No.16 debido a que son relativamente limpos, doados de manter e seguros de manipular. Tamén en Asia, os machos utilízanse para as loitas de insectos nas que se fan apostas. Como os machos teñen a tendencia a loitar entre eles polos dereitos de apareamento, para que empecen a combater utilízase unha femia ou un aparato que fai un ruído como o da chamada de apareamento da femia.

O entomólogo Séverin Tchibozo suxeriu que as larvas conteñen moita máis proteína (40%) que a carne de polo (20%) e de vaca (aproximadamente 18%) e poderían ser unha fonte de proteínas para a crecente poboación humana.Global Steak - Demain nos enfants mangeront des criquets (2010 French documentary)

O Dr. MinJun Kim, que dirixe o equipo de enxeñeiros da investigación financiada pola National Science Foundation dos Estados Unidos, examinou a función e aerodinámica de Allomyrina dichotoma coa axuda de investigadores do Departamento de Enxeñaría Mecánica da Universidade Drexel dos Estados Unidos e en colaboración coa Universidade Konkuk de Corea do Sur. Os escaravellos rinoceronte poderían ser importantes para o deseño de aeronaves de seguinte xeración.

Como pragas Algunhas especies poden chegar a ser importantes pragas en plantacións de árbores. Porén, normalmente as densidades de poboación destes escaravellos non son tan altas coma noutras pragas de insectos e normalmente prefiren comer de árbores que están xa enfermas ou morrendo por algunha outra causa. Con todo, as larvas dalgunhas especies atacan árbores saudables ou as raíces de plantas e cando están en gran número poden causar danos económicos significativos. O fungo Metarhizium majus probouse como axente de biocontrol para a infestación de escaravellos Oryctes nas colleitas de aceite de palma.

Tribos con xéneros e especies seleccionados Agaocephalini miniatura|Antodon goryi Auth: Burmeister, 1847. Todos os xéneros: Aegopsis Burmeister, 1847 Agaocephala Lepeletier & Audinet-Serville, 1828 Antodon Brême, 1845 Brachysiderus Waterhouse, 1881 Colacus Ohaus, 1910 Democrates Burmeister, 1847 Gnathogolofa Arrow, 1914 Horridocalia Endrödi, 1974 Lycomedes Breme, 1844 Mitracephala Thomson, 1859 Spodistes Burmeister, 1847

Cyclocephalini miniatura|upright|Cyclocephala borealis (Cyclocephalini) Auth: Laporte, 1840. Xéneros seleccionados: Ancognatha Erichson, 1847 Cyclocephala Dejean, 1821 Dyscinetus Harold, 1869

Dynastini miniatura|upright|Eupatorus gracilicornis (Dynastini) Auth: MacLeay, 1819. Xéneros seleccionados: Allomyrina Arrow, 1911 (incluíndo Trypoxylus) Allomyrina dichotoma Chalcosoma Hope, 1837 Chalcosoma atlas Chalcosoma moellenkampi Chalcosoma caucasus Dynastes MacLeay, 1819 Dynastes hercules Dynastes neptunus Eupatorus Burmeister, 1847 Eupatorus gracilicornis Eupatorus siamensis Eupatorus birmanicus Megasoma Kirby, 1825 Megasoma mars Megasoma elephas Megasoma actaeon Xylotrupes Hope, 1837 Xylotrupes gideon Xylotrupes ulysses

Hexodontini Auth. Lacordaire, 1856. Xéneros: Hemicyrthus Reiche, 1860 Hexodon Olivier, 1789 Hyboschema Péringuey, 1901

Oryctini miniatura|upright|Trichogomphus mongol (Oryctini) Auth: Mulsant, 1842. Xéneros seleccionados: Enema Hope, 1837 Megaceras Hope, 1837 Megaceras briansaltini Oryctes Hellwig, 1798 Oryctes nasicornis Oryctes rhinoceros Strategus Kirby, 1828 Strategus aloeus Trichogomphus Burmeister, 1847 Xyloryctes

Oryctoderini Auth. Endrödi, 1966. Todos os xéneros: Chalcasthenes Arrow, 1937 Chalcocrates Heller, 1903 Coenoryctoderus Prell, 1933 Hatamus Sharp, 1877 Melanhyphus Fairmaire, 1881 Neohyphus Heller, 1896 Onychionyx Arrow, 1914 Oryctoderinus Endrödi, 1978 Oryctoderus Boisduval, 1835 Paroryctoderus Dechambre, 1994

Pentodontini miniatura|upright|Pentodon idiota (Pentodontini) Auth: Mulsant, 1842. Xéneros seleccionados: Bothynus Hope, 1837 Diloboderus Sturm, 1826 Diloboderus abderus Pentodon Hope, 1837 Pericoptus Burmeister, 1847 Thronistes Burmeister, 1847 Tomarus Erichson, 1847

Phileurini miniatura|upright|Phileurus valgus (Phileurini) Auth: Burmeister, 1847. Xéneros seleccionados: Cryptodus MacLeay, 1819 Phileurus Latreille, 1807

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Dechambre (R.-P.) & Lachaume (G.) The Beetles of the World, volume 27, The genus Oryctes (Dynastidae), Hillside Books, Canterbury

Ligazóns externas

Familia SCARABAEIDAE Subfamilia Dynastinae

Categoría:Scarabaeiformia