Megasoma é un xénero de escaravellos rinoceronte, que comprende os chamados escaravellos elefante. As especies deste xénero viven desde a metade sur de América do Norte ata a maior parte de América do Sur.M. Prandi, P. Grossi, F. Vaz-de-Mello (2020) Revision of the Megasoma (Megasoma) gyas (Jablonsky in Herbst, 1785) species group (Coleoptera, Scarabaeidae, Dynastinae). ZooKeys 999:109-145. DOI: 10.3897/zookeys.999.53130

Características Os Megasoma son xeralmente de gran tamaño (como indica o seu nome científico, 'corpo grande' en grego). Como grupo o xénero contén algunhas das especies de escaravellos máis grandes coñecidas. Porén, tamén hai neste xénero algunhas especies pequenas. A máis grande mide ata 135 mm de longo, mentres que a máis pequena, Megasoma punctulatum, só mide uns 20 mm.

Moitas especies de Megasoma (Megasoma elephas, Megasoma thersites, Megasoma gyas, Megasoma cedrosa, Megasoma anubis, Megasoma occidentale, Megasoma joergenseni, Megasoma vogti) teñen pelos (setas) microscópicas que cobren todo o corpo, o que lles dá unha aparencia de ser claras ou laranxas.

Os machos da maioría das especies teñen grandes cornos que usan para loitar con outros machos. As femias carecen deles.

Dieta As larvas aliméntanse nas raíces de arbustos e árbores. Os adultos beben os zumes internos das árbores ou lamben zumes de froitas.

Comportamento e hábitat Os adultos de Megasoma son nocturnos, son ataídos pola luz e a miúdo poden verse descansando en árbores.

Lista de especies Megasoma actaeon (Linnaeus, 1758) Megasoma anubis (Chevrolat, 1836) Megasoma bollei (Dechambre, 2006) Megasoma cedrosa Hardy, 1972 Megasoma elephas (Fabricius, 1775) Megasoma gyas (Herbst, 1785) Megasoma hermes Prandi, 2016 Megasoma hyperion Prandi, Grossi & Vaz-de-Mello, 2020 Megasoma joergenseni Bruch, 1910 Megasoma lecontei Hardy, 1972 Megasoma mars (Reiche, 1852) Megasoma nogueirai Morón, 2005 Megasoma occidentale Bolivar, Pieltain, Jimenez-Asua & Martinez, 1963 Megasoma pachecoi Cartwright, 1963 Megasoma punctulatum Cartwright, 1952 Megasoma rex Prandi, 2018* (considerado un probable sinónimo de M. actaeon; verHielkema, Auke J., Hielkema, Meindert A. (2019): An annotated checklist of the Scarabaeoidea (Insecta: Coleoptera) of the Guianas. Insecta Mundi 732 (732): 1-306, DOI: http://doi.org/10.5281/zenodo.3678492) Megasoma sleeperi Hardy, 1972 Megasoma svobodaorum Krajcik, 2009 Megasoma thersites LeConte, 1861 Megasoma typhon (Olivier, 1789) Megasoma vazdemelloi Prandi, 2018 Megasoma vogti Cartwright, 1963

Notas

Véxase tamén Bibliografía Kirby, W. 1825. A description of such genera and species of insects, as alluded to in the "Introduction to Entomology" of Messrs. Kirby and Spence, as appear not to have been before sufficiently noticed or described. Transactions of the Linnean Society of London, 14: 563–572. Internet Archive [original description: p. 566] Schoolmeesters P. 2017. Scarabs: World Scarabaeidae Database (versión xullo de 2016). In: Roskov Y., Abucay L., Orrell T., Nicolson D., Bailly N., Kirk P., Bourgoin T., DeWalt R.E., Decock W., De Wever A., Nieukerken E. van, Zarucchi J., Penev L., eds. 2017. Species 2000 & ITIS Catalogue of Life, 30 de xaneiro de 2017. Digital resource at www.catalogueoflife.org/col. Species 2000: Naturalis, Leiden, the Netherlands. ISSN 2405-8858. Reference page. 2019 winter Bekuwa No.70 Megasoma group

Categoría:Scarabaeiformia