A arquidiocese de Armagh é unha das catro arquidioceses metropolitanas de rito romano da illa de Irlanda. O seu titular está na catedral católica romana de San Patricio en Armagh e é recoñecido como o primado de Irlanda. Non se debe confundir coa diocese homónima da Igrexa anglicana. Historia Estableceuse como diocese en 445 por San Patricio, e como tal é a máis antiga que se constituíu nas Illas Británicas. Foi elevada ao rango de arquidiocese en 1111 durante o sínodo de Ráth Breasail. En 1152, despois do sínodo de Kells-Mellifont, o seu status confírmase ao ter como sufragáneas as seguintes dioceses: Ardagh; Clogher e Louth; Clonmacnoise; Connor; Down; Derry e Maghera; Dromore (creada en 1197); Raphoe; Meath e Clonard; e Kilmore.

Territorio A provincia atópase en gran parte dentro do territorio británico de Irlanda do Norte cos condados de Armagh, Tyrone e Derry, pero tamén dentro do territorio da República de Irlanda cos condados de Louth e Meath. centro|miniatura|267x267px| Catedral de San Patricio, Armagh.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Arcebispo de Armagh (Igrexa de Irlanda) Igrexa anglicana Igrexa anglicana en Irlanda Igrexa católica Igrexa católica en Irlanda Druidismo Illa de Irlanda Toda Irlanda

Ligazóns externas (en) Catholic Hierarchy (en) GCatholic.org

Categoría:Catolicismo en Irlanda Categoría:Arquidioceses