José Manuel Armesto López, finado en Viana do Bolo en 1918, foi un médico e político galego.
Traxectoria dereita|miniatura|Balneario de Bembibre.
Irmán de Antonina Armesto López. Foi médico de Viana do Bolo. Foi deputado provincial de Ourense en 1883. Foi presidente do Comité Republicano de Viana do Bolo en 1894.El País 8-3-1894, p. 3. En 1894 adquiriu os terreos e construíu un balneario en Bembibre, inaugurado en 1896. Tempo despois construíuse un hotel de dous andares, e outro edificio para tratar os doentes con auga quente a presión. Finou en Viana do Bolo a consecuencia da gripe de 1918.La Correspondencia de España, 27-11-1918, p. 7.
Vida persoal
Casou con Elisa Paz Pérez,La Región, 14-9-1919, p. 2. e foi pai de José Manuel Armesto Paz.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas O Balneario de Bembibre Los médicos que combatieron la gripe del 1918
Categoría:Médicos de Galicia Categoría:Deputados provinciais de Ourense Categoría:Finados en 1918 Categoría:Finados por gripe