Os prisioneiros (en ) é un filme estadounidense de 1957 dirixido por Budd Boetticher e protagonizado por Randolph Scott, Richard Boone e Maureen O'Sullivan. Foi adaptado por Burt Kennedy a partir da historia curta de 1955 "The Captives" de Elmore Leonard. Conta a historia dun antigo capataz de rancho que é secuestrado xunto cunha herdeira, os cales son retidos por tres desapiadados foraxidos para pedir un rescate. En 2000, Os prisioneiros foi escollido por National Film Registry dos Estados Unidos de América para ser conservado na Biblioteca do Congreso por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo."
Estreouse en galego o 6 de xullo de 2008 a través da TVG.
Personaxes Randolph Scott como Pat Brennan Richard Boone como Frank Usher Maureen O'Sullivan como Doretta Mims Arthur Hunnicutt como Rintoon Skip Homeier como Billy Jack Henry Silva como Chink John Hubbard como Willard Mims Robert Burton como Tenvoorde
Notas
Véxase tamén Bibliografía The Tall T ensaio de Michael Schlesinger no National Film Registry The Tall T ensaio de Daniel Eagan en America's Film Legacy: The Authoritative Guide to the Landmark Movies in the National Film Registry, A&C Black, 2010 , páxinas 525-527
Categoría:Filmes de 1957 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Budd Boetticher Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de Columbia Pictures Categoría:Filmes de 1957 con versión en galego