Xove é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Occidental. Segundo o IGE en 2020 tiña 3.277 habitantes (3.614 no 2006, 3.636 no 2005, 3.603 no 2004, 3.574 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é ou .

Xeografía Situación Limita cos concellos de Cervo e Viveiro. As súas costas están bañadas polo mar Cantábrico. Ten unha superficie de 89,12 km².

Orografía O cumio máis alto é o Pao da Vella (705 m). Outro pico importante é o monte Medela (346 m).

Demografía

Padrón municipal 2020 3.277 habitantes Menores de 15 anos 336 (10,25 %) Entre 16 e 64 anos 2.007 (61,25 %) Maiores de 65 anos 934 (28,50 %)

Fonte: IGE e INE.

Historia Na zona hai numerosos enterramentos megalíticos.

O topónimo podería preoceder do latín Villa Iovii, Vila de Xúpiter, quizais referido a un templo ou altar construído trala romanización.

Durante o antigo réxime estas terras pertenceron ás xurisdicións de Portocelo, Galdo e Viveiro, dependentes da provincia de Mondoñedo. Coa nova división territorial a comezos do século XIX converteuse no concello de Portocelo, integrado na provincia de Lugo. En 1940 adoptou a denominación actual e a capitalidade pasou a Xove.

En 1973 o estado español proxectou a construción da central nuclear de Regodola, que sería explotada por Fenosa, Electra do Viesgo e Hidroeléctrica do Cantábrico. Tras fortes protestas veciñais, a súa construción adiouse, e quedou paralizada coa moratoria nuclear de 1985.

En Xove tributa a factoría de Alcoa-S.Cibrao, a maior fábrica de Alúmina/Aluminio, por estaren localizadas neste concello as súas oficinas.

Cultura Patrimonio

Festas e celebracións San Bartolo na capital, Xove, na segunda metade do mes de agosto.

Galería de imaxes

Lugares de Xove Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Xove vexa: Lugares de Xove.

Parroquias

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Muíños de Xove Ligazóns externas Toponimia de Xove

Categoría:Xove