Monterroso é un concello da provincia de Lugo, pertencente á Comarca da Ulloa. Segundo o INE en 2021 tiña 3.562 habitantes (1771 homes e 1791 mulleres). O seu xentilicio é monterrosina/monterrosino.
Poboación
Censo total 2019 3.667 habitantes Homes 1.812 Mulleres 1.804
Poboación do núcleo urbano
Historia A denominación Monterroso non aparece ata mediados do século XII cando era o nome dun monte, e pasou a denominar a un asentamento humano. O documento máis antigo relacionado coa comarca é de 572 e refírese á confirmación da división da diocese lucense en doce condados. O territorio de Monterroso abranguía a comarca da Ulloa e pasaría os seus límites ata á Terra de Melide e cara ao Miño.
No século XII, dentro do conflito entre Pedro Froilaz e o matrimonio real de Urraca de León e Afonso o Batallador, entrando este en Galicia e asediando ao Conde de Traba no castelo de Monterroso (o que hoxe é a torre de Penas) conseguindo vencer a seus rivais, pero poñéndose a mal o Batallador coa súa muller ao asasinar a un nobreMaría del Carmen Pallares Méndez e Ermelindo Portela Silva, La reina Urraca, ed. Nerea, 2006. amigo de Urraca que se refuxiara baixo seu manto.
A finais de 1920 comezou a editarse en Monterroso o periódico El Eco del Ulla, Órgano del Sindicato Católico Agrario de Monterroso.
En Monterroso hai un centro penitenciario para reclusos mozos, na Vacaloura, Penas, a seis quilómetros do centro da vila.Centro Penitenciario de Lugo-Monterroso .
Monterroso na cultura popular Refraneiro Bestas en pelo, hainas en Monterroso Eladio Rodríguez González, s. v. besta..
Cantigueiro Na miña vida tal vin/ na feira de Monterroso:/ corenta e cinco estudiantes/ a cabalo dun raposo No texto: vín, de un. Fermín Bouza-Brey 1929, 189.. Na miña vida tal vin/ na feira de Monterroso:/ vinte cinco escríbanos/ da cabalo dun raposo. Se ti viras o que eu vin/ alá riba en Monterroso,/ sete frades dun convento/ da cabalo dun raposo No texto: qu’eu, d’a cabalo. Saudade nº 4, xullo 1943, 27.. Se ti viras o que eu vin / na feira de Monterroso: / vinte cinco xastres xuntos / da cabalo dun raposo. Se ti viras o que eu vin/ no monte de Monterroso,/ máis de sesenta mil corvos/ da cabalo dun raposo. Se tu viras o que eu vin/ na feira de Monterroso:/ o abade de Lubeira/ dacabalo dun raposo Xaquín Lorenzo Fernández, 147. No orixinal: vín, de un.. Se tu viras o que eu vin/ na feira de Monterroso:/ sete frades dun convento/ dacabalo dun raposo . Se viras o que eu vin / na feira de Monterroso, / vintecinco costureiras / dacabalo dun raposo.
Galería de imaxes
Lugares de Monterroso Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Monterroso vexa: Lugares de Monterroso.
Parroquias
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
ANÓNIMO: Saudade. Verba Galega nas Américas, México 1942-1953. Ed. facsímile do Centro Ramón Piñeiro 2008. (1929): "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 153-204 [en facsímile II]. e (2001): Monterroso na Ulloa. Lugo, Concello de Monterroso. (1990): Monterroso en las tierras de Ulloa, León, Everest. (2010): A feira de Monterroso. Elementos do patrimonio histórico (V), 221 pp. Concello de Monterroso. (1973): Cantigueiro popular da Limia Baixa, Galaxia, Vigo. , Carlos (1983): Castros de Monterroso, Lugo, Alvarellos. (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo. (1987): Monterroso. Pasado y presente. Lugo, Deputación Provincial de Lugo.
Outros artigos Feira de Santos Eleccións municipais en Monterroso
Ligazóns externas , Francisco: "A feira de Santos ou a xénese dunha vila", El Progreso, 18 de xullo de 2010. Ana Boullón en "O Seminario de Onomástica responde" (Real Academia Galega, 5.06.2023)
Categoría:Monterroso