Silleda é un concello da provincia de Pontevedra pertencente á comarca do Deza. Ocupa 169 km², e segundo o IGE en 2022 tiña 8.860 habitantes, distribuídos en 33 parroquias e 250 lugares. O concello de Silleda é coñecido tamén como Trasdeza. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «».

En Silleda ten a súa sede a Feira Internacional de Galicia, onde se celebra anualmente a Semana Verde de Galicia.

Xeografía Situación Silleda localízase preto do centro xeográfico de Galicia, no norte da provincia de Pontevedra. Os seus 169 km² están delimitados pola Serra do Candán e o San Sebastián de Meda, que o separan polo oeste e sur dos concellos de Forcarei e A Estrada; o río Ulla polo noroeste, que separa Silleda de Boqueixón; e o río Deza, que fai de linde con Vila de Cruces polo norte e Lalín ao leste. Foi este último río o que lle dá ás terras de Silleda o nome de Trasdeza. Hidrografía

Administración O seu territorio repártese en 33 parroquias, con advocacións moi diversas, aínda que merece a pena destacar San Martiño, patrón de seis parroquias, Santa María, con cinco, San Miguel con catro e San Salvador con tres. Como dato curioso, é necesario sinalar que, aínda que a práctica totalidade das parroquias pertencen á diocese de Lugo, as de Cira e Dornelas pertencen á arquidiocese de Santiago.

Accesos Este concello está atravesado pola estrada N-525, que une Ourense con Santiago de Compostela, situándose a capital municipal a 40 km de Compostela; e pola autoestrada central galega, que tamén une as devanditas cidades. Ten dous enlaces a esta última.

No tocante ao transporte por tren, por Silleda discorren dúas vías do ferrocarril: a primeira, inaugurada en 1958, unía Ourense e Santiago dentro da liña Zamora - A Coruña; e a segunda, inaugurada no 2011, trátase da liña de alta velocidade entre as mencionadas cidades galegas.

Demografía Censo total 8.687 (2019) Menores de 15 anos 1.068 (12.3 %) Entre 15 e 64 anos 5.237 (60.29 %) Maiores de 65 anos 2.382 (27.42 %)

<td> Principais núcleos por habitantes do concello:

# Núcleos principais Poboación % 1º Silleda (Silleda) 2.864 31,56% 2º A Bandeira (Manduas) 737 8,12% 3º Freixeiro (Laro) 102 1,12% 4º San Fiz (Margaride) 76 0,83% 5º Dornelas (Dornelas) 66 0,73% 6º Barravaite (Lamela) 61 0,67% 7º Gorís (Lamela) 61 0,67% 8º Senra (Escuadro) 60 0,66% 9º Camporrapado (Cortegada) 58 0,64% 10º Curro (Cira) 58 0,64% 11º Pedrouzo (Graba) 55 0,61% 12º Sestelo (Escuadro) 55 0,61% 13º Forcas (Laro) 55 0,61% 14º O Foxo (Silleda) 55 0,61% 15º Bazar (Abades) 54 0,60% Total 15 núcleos 4.417 48,68%

<td> Parroquias do concello máis poboadas:

# Núcleo Poboación % 1º Silleda 3.206 35.76% 2º Manduas 1.006 11.22% 3º Escuadro 461 5,14% 4º Laro 301 3,36% 5º Cortegada 259 2,88% 6º Lamela 259 2,88% 7º Graba 242 2,7% 8º Cira 228 2,54% 9º Taboada 214 2,39% 10º Negreiros 183 2,04%

Variación da poboación entre a ano 2000 e o 2011 das 33 parroquias que compoñen o concello: <td> Entidade Poboaciónano 2000 Poboaciónano 2011 Variaciónabsoluta Variaciónrelativa Abades 163 140 - 23 - 14,11% Ansemil 74 66 - 8 - 10,81% Breixa 172 120 - 52 -30,23% Carboeiro 69 58 - 11 - 15,94% Castro (O) 117 105 - 12 - 10,25% Cervaña 138 117 - 21 -15,21% Cira 307 241 - 66 - 21,49% Cortegada 365 273 - 92 - 25,2% Chapa 167 159 - 8 - 4,79% Dornelas 180 144 - 36 - 20% Escuadro 592 487 - 105 - 17,73% Fiestras 167 120 - 47 - 28,14% Graba 332 262 - 70 - 21,08% Lamela 330 270 - 60 - 18,18% Laro 380 336 - 44 - 11,57% Manduas 935 1.012 77 8,23% Margaride 203 174 - 29 - 14,28%

<td>

Entidade Poboaciónano 2000 Poboaciónano 2011 Variaciónabsoluta Variaciónrelativa Martixe 141 109 - 32 - 22,69% Moalde 255 192 - 63 - 24,70% Negreiros 218 203 - 15 - 6,88% Oleiros 144 107 - 37 - 25,69% Parada 236 200 - 36 -15,25% Pazos 59 45 - 14 - 23,72% Piñeiro Ponte 187 175 - 12 - 6,41% Refoxos 149 128 - 21 - 14,09% Rellas 103 82 - 21 - 20,31% Saídres 132 121 - 11 - 8,33% Siador 188 138 - 50 - 26,59% Silleda 2.032 3.033 1.001 49,26% Taboada 237 212 - 25 - 10,54% Vilar 124 113 - 11 - 8,87% Xestoso 79 61 - 18 - 22,78%

Historia miniatura|260px|Bandeira do concello, con 33 estrelas, unha por cada parroquia. A denominación de Trasdeza aparece xa mencionada na Alta Idade Media e a parroquia de Santa María de Cortegada en Trasdeza, figura en documentos.

No século XVII menciónase o arciprestado de Trasdeza como dependente do arcediagado de Deza, da diocese de Lugo. Trasdeza aparece, polo tanto, como denominación eclesiástica que en 1645 designa o arciprestado dese nome.

A maior parte destas parroquias aparecen formando parte da xurisdición de Trasdeza, no século XVII, que pertencía á provincia de Santiago. Desta xurisdición eran vinte e cinco das actuais parroquias; as demais pertencían ás xurisdicións de Cira, Carboeiro e Camanzo; a de Parada, antes parroquia, á xurisdición de Deza e a de Refoxos ao Couto de Acibeiro.

No actual territorio do concello houbo, a principios do século XIX, oito municipios constitucionais. Coa división municipal de 1835 o actual concello denominouse Chapa, establecéndose, desde aquel momento, unha pugna con Silleda pola capital e pola denominación do concello. Esta loita rematou en 1853 ao adoptarse como nome definitivo o de Silleda.

Cultura Patrimonio Patrimonio histórico, artístico e natural Na parroquia de Abades atópanse: O Santuario da Nosa Señora dos Remedios, templo neoclásico do século XVIII, de grandes proporcións construído seguindo os planos de Melchor de Ricoi. A igrexa parroquial de Santa María, templo románico do século XII. A Chousa Nova, dolmen escavado durante as obras da liña do AVE Ourense-Santiago e reconstruído e considerado o dolmen máis antigo de Galiza. A Estación da Bandeira, con parada de trens da liña Zamora-A Coruña. Na parroquia de Ansemil: A igrexa de San Pedro de Ansemil, templo románico que formaba parte dun mosteiro medieval. Na parroquia de Breixa: A Igrexa de Santiago de Breixa, templo románico. Na parroquia de Carboeiro: Ao pé do río Deza, atópase o Mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro. Trátase dun mosteiro beneditino fundado no século X do que se conserva en moi bo estado a súa igrexa e algúns dos departamentos monacais. Cruzando o Deza a carón do mosteiro, a Ponte do Demo. Na parroquia do Castro: A igrexa de San Mamede, templo románico medieval. A Copa do Castro, asentamento castrexo. A Estación de Silleda, na liña do ferrocarril Zamora-A Coruña. Na parroquia de Cira: A Fortaleza de Cira, construción medieval. O Pazo de Paizás, casa señorial do século XVIII. Na parroquia de Dornelas: A igrexa de San Martiño, construída no século XII. Na parroquia de Escuadro: A Igrexa de San Salvador de Escuadro, templo románico do século XII O Pazo de Cascaxide, casa señorial do século XVIII. É de propiedade privada. Na parroquia de Fiestras: A Igrexa de San Martiño de Fiestras, do século XII. Na parroquia de Graba: O Coto do Castelo, restos dunha antiga construción. Outeiro Verde, monte compartido coa parroquia de Aciveiro (Forcarei) Na parroquia de Pazos: A Fervenza do Toxa, salto deste afluente do Deza, considerado o máis alto de Galiza. Na parroquia de Ponte: A Igrexa de San Miguel de Ponte, templo dos séculos XIX e XX. A Ponte do Pozo Negro, que cruza o Deza cara San Pedro de Losón (Vila de Cruces). Na parroquia de Siador: O Pazo de Sestelo, casa señorial do século XVI. Na parroquia de Silleda: O Pazo de Trasfontao, casa señorial do século XVIII. O Castro de Toiriz, sitio arqueolóxico da Idade de Ferro. Na parroquia de Taboada: A Igrexa de Santiago de Taboada, templo románico. A Ponte Taboada, construción do século X. A Estación da Ponte Taboada, na liña férrea Zamora-A Coruña. Na parroquia de Xestoso: As Brañas de Xestoso, espazo natural LIC, dentro da que se atopa a Lagoa Sacra.

Patrimonio cultural Actualmente, existen dúas agrupacións bandísticas, a Banda Municipal de Silleda e a Banda Recreativa e Cultural de Bandeira, aínda que tamén existiron outro par, a Banda de música de Cira, que esmoreceu na segunda metade do século XX, e a Banda de música de Lamela, que desapareceu na década de 1910.

Etnografía Festas e celebracións Nos meses de marzo ou abril: En Abades celébrase a festa da rosquilla. En Piñeiro ten lugar a festa da carne ó Caldeiro. No mes de xullo: En Silleda celébrase a festa do lacón. En Cortegada celébrase a festa da paella. No mes de agosto: En Laro celébrase a romaría da tortilla. Na Bandeira celébrase a festa da empanada. No mes de setembro: En Ponte celébrase a festa do chourizo ao viño. E no mes de outubro: En Breixa celébrase a festa da castaña.

Ademais, o derradeiro domingo do mes de xuño, o contorno do Santuario da Virxe da Saleta, en Siador acolle a Romaría do Rapaz. Tamén se celebra nesta mesma parroquia a romaría da Saleta, no mes de setembro, sendo o día máis importante o 19 de dito mes. Na parroquia de Escuadro, celébrase a romaría de santa Isabel o día 2 de xullo e o domingo seguinte.

Silleda na literatura popular Nosa Señora de Abades/ ¿qué lle dás ós teus romeiros?/ Agoiña da miña fonte,/ sombra dos meus castiñeiros Santa María de Abades é parroquia do concello de Silleda..

Economía local O motor principal da economía trasdezá son as industrias do sector primario, secundario e terciario vinculadas ao sector agropecuario. Sector que, se ben segue a manter no Concello unha intensa actividade, debido as súas numerosas crises afectou a moitos pequenos gandeiros. Isto pode explicar o decrecemento demográfico do Concello nas últimas décadas, pois, aínda que a vila de Silleda medrou en poboación, no total do Concello, maioritariamente rural, a poboación total descendeu ata os albores do século XXI, cando se rachou con esta tendencia negativa, coincidindo coa construción da autoestrada Santiago-Ourense e posteriormente do mesmo tramo Santiago-Ourense do ferrocarril de alta velocidade (AVE) que supuxeron unha activación da economía do Concello. En parte por isto e pola auxe do sector inmobiliario, o Concello acolleu a nova poboación emigrante, principalmente dos países do Leste e Suramérica, o que permitiu esa ruptura da tendencia de decrecemento demográfico recuperando poboación moderadamente durante a primeira década do século XX.

As industrias metalúrxica, da construción ou da imprenta, entre outras, tamén forman parte da actividade económica do Concello xunto cos servizos, con pequenos comercios especialmente na vila de Silleda e da Bandeira. O polígono industrial situado preto da vila de Silleda recentemente empezou a estar ocupado por industrias e negocios.

Servizos públicos Educación Neste concello existen varios centros de ensino: o CEIP de Silleda, o CEIP da Bandeira e o IES Pintor Colmeiro, todos eles de carácter público; e o Colexio María Inmaculada, centro concertado. Ademais, a carón do CEIP da capital atópase a Escola Infantil "Galiña Azul".

Sanidade O concello ten dous centros médicos, un en cada núcleo urbano: Silleda e A Bandeira.

Política