dereita|miniatura|Iñigo Urkullu, elixido lehendakari en 2012. O Eusko Jaurlaritzako Lehendakari (en galego: Presidente do Goberno Vasco), coñecido simplemente como lehendakari, é a máis alta representación do Goberno Vasco. A súa sede e oficina institucional é a lehendakaritza (presidencia), situada en Vitoria, xunto á súa residencia oficial, o pazo de Ajuria Enea.
En éuscaro a palabra lehendakari é sinónimo de "presidente" (significa literalmente "primeiro responsable") e pode facer referencia tamén ao presidente do Goberno de Navarra, o presidente do Parlamento de Navarra ou os presidentes de diversas institucións tanto públicas como privadas. Non obstante, fóra dos territorios euscaldúns, coñécese como lehendakari ao presidente do Goberno Vasco.
A residencia oficial do lehendakari é o palacio de Ajuria Enea, preto da sede da presidencia do Goberno vasco e da oficina do lehendakari que se atopan en Vitoria-Gazteiz no barrio de Mendizorrotza.
"Lehendakari" Con anterioridade ó establecemento da ortografía oficial do éuscaro nos anos 1970, a grafía empregada era Euzko Jaurlaritzaren Lehendakari. Tanto jaurlaritza como lehendakari son neoloxismos en éuscaro. Foron creados por membros do Partido Nacionalista Vasco.
Os termos xenéricos en éuscaro para "presidente" son lehendakari(a)Véxase a entrada lehendakari do Diccionario General Vasco. ou presidente(a).Véxase, por exemplo, a entrada «presidente» do dicionario Zehazki (dicionario castelán-vasco dirixido polo académico da lingua vasca Ibon Sarasola). En éuscaro, resérvase o neoloxismo "jaurlaritza" para o Goberno Vasco.
Lista de presidentes do País Vasco José Antonio Aguirre foi o primeiro lehendakari da Rexión Autónoma do País Vasco, pero Francisco Franco Bahamonde suspendeu o estatuto de autonomía de 1936, así como os concertos económicos de Biscaia e Guipúscoa, por consideralas «provincias traidoras». Así a todo, si mantivo os seus similares en Álava e Navarra, por ser territorios onde triunfaron os sublevados tralo golpe de estado de 1936.
O Goberno de Euzkadi continuou existindo no exilio, con representantes dos mesmos partidos que constituíran o executivo durante a guerra. O PNV resistiuse á disolución do Goberno vasco no exilio, seguindo o modelo catalán, pero apenas actuou entre 1975 e o momento da súa disolución en 1979, trala aprobación do estatuto vasco. Ademais, a dimisión do último representante socialista en xaneiro de 1979 deixouno reducido á súa mínima expresión.
Os nacionalistas vascos toman a súa lexitimidade do derradeiro lehendakari no exilio, Jesús María de Leizaola, e non do Consello Xeral Vasco, razón pola cal Carlos Garaikoetxea, presidente do Consello Xeral Vasco desde 1979 e primeiro presidente do Goberno Vasco trala aprobación do estatuto de autonomía (1980), aparece regularmente, tanto nas manifestacións públicas dos partidos nacionalistas vascos como na páxina web do Goberno Vasco,como o primeiro lehendakari (ou terceiro, se se inclúen a Aguirre e Leizaola). Porén, os nacionalistas, non adoitan recoñecer nas súas manifestacións o título de "lehendakari" a Ramón Rubial, primeiro presidente do Consello Xeral Vasco, por non ter sido elixido por votación popular, aínda que na web do Goberno vasco si aparece como tal.
A partir de Garaikoetxea, vense empregando a forma lehendakari tanto en éuscaro como en castelán.
Goberno de Euzkadi (Segunda República e exilio) (1936-1978) LexislaturaImaxeLehendakariInicio do mandatoFin do mandatoPartidos no Goberno1936-196060px José Antonio Aguirre Lecube 7 de outubro de 1936(dende 1939 no exilio) 22 de marzo de 1960EAJ-PNV, PSOE, PCE-EPK, IR, UR, ANV1960-197960px Jesús María Leizaola Sánchez 22 de marzo de 1960 17 de febreiro de 1978(como predecesor do presidente do Consello Xeral Vasco)16 de decembro de 1979(como lehendakari)EAJ-PNV, PSOE, PCE-EPK, IR, UR, ANV
Consello Xeral Vasco (1978-1980) LexislaturaImaxeLehendakariInicio do mandatoFin do mandatoPartidos no Consello1978-197960px Ramón Rubial Cavia17 de febreiro de 19789 de xuño de 1979PSE-PSOE, EAJ-PNV, ESEI, PCE-EPK, DCV, EAE-ANV1979-198060px Carlos Garaikoetxea Urriza9 de xuño de 19799 de abril de 1980EAJ-PNV, PSE-PSOE, ESEI, PCE-EPK, DCV, EAE-ANV
Goberno Vasco (dende 1980)
LexislaturaImaxeLehendakariInicio do mandatoFin do mandatoPartidos no GobernoI. (1980-1984)60px Carlos Garaikoetxea Urriza9 de abril de 1980abril de 1984EAJ-PNVII. (1984-1985)60pxCarlos Garaikoetxea Urrizaabril de 1984xaneiro de 1985EAJ-PNVII. (1984-1987)60pxJosé Antonio Ardanza Garroxaneiro 1985marzo 1987 EAJ-PNVIII. (1987-1991)60pxJosé Antonio Ardanza Garromarzo 1987febreiro 19911986-1987, EAJ-PNV 1987-1990, EAJ-PNV e PSEIV. (1991-1994)60pxJosé Antonio Ardanza Garrofebreiro 1991xaneiro 19951991, EAJ-PNV, EA e EE 1991-1993, EAJ-PNV, PSE e EE 1993-1994, EAJ-PNV e PSE-EEV. (1994-1998)60pxJosé Antonio Ardanza Garroxaneiro 1995xaneiro 19991995-1998: EAJ-PNV, EA, PSE-EE1998-1999: EAJ-PNV, EAVI. (1998-2001)60px Juan José Ibarretxe Markuartuxaneiro 1999xullo de 2001EAJ-PNV, EAVII. (2001-2005)60pxJuan José Ibarretxe Markuartuxullo de 2001maio 2005EAJ-PNV, EA, EB-BVIII. (2005-2009)60pxJuan José Ibarretxe Markuartumaio 2005maio 2009EAJ-PNV, EA, EB-BIX. (2009-2012)60px Francisco Javier López Álvarezmaio 2009decembro de 2012 PSE-EE e PPX. (2012-2016)60px Iñigo Urkullu Renteríadecembro de 2012 novembro de 2016EAJ-PNV XI. (2016-2020)60pxIñigo Urkullu Renteríanovembro de 2016agosto de 2020EAJ-PNV e PSEXII. (2020-2024)60pxIñigo Urkullu Renteríaagosto de 2020maio de 2024EAJ-PNV e PSEXIII. (2024-actual)esquerda|senmarco|88x88pxImanol Pradales Gilmaio de 2024en vigorEAJ-PNV e PSE
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ajuria Enea Goberno vasco
Categoría:Política do País Vasco Categoría:Presidentes autonómicos de España