Acontecementos 11 de xaneiro - O médico Joseph Grancher defende o tratamento creado por Louis Pasteur contra a rabia na Academia Nacional de Medicina de Francia. 5 de febreiro - Primeira presentación da ópera Otelo, de Giuseppe Verdi. 4 de marzo - Gottlieb Daimler presenta o seu primeiro automóbil. 21 de xuño - Celebración do Xubileu de Ouro do reinado de Vitoria do Reino Unido. 2 de xullo na cidade de Lugo apróbase o proxecto de Constitución para o futuro estado galaico polo Consello Federal de Galicia presidido por Segundo Moreno Barcia 26 de xullo - O doutor polaco Zamenhof dá a coñecer o idioma Esperanto, creado por el mesmo durante anos. 11 de novembro - Executan en Chicago (Estados Unidos) a 4 obreiros anarquistas que loitaban pola xornada de 8 horas. 13 de novembro - Londres. Domingo Sanguento. Valentín Lamas Carvajal publica "Gallegada. Tradicións, costumes, tipos e contos da terriña". Iemen - Adén convértese en protectorado inglés. Créase a Unión Indochina. Xapón anexa Iwo Jima.
Nacementos 3 de xaneiro - August Macke, pintor alemán. 28 de xaneiro - Arthur Rubinstein, pianista polaco. 3 de febreiro - Georg Trakl, poeta austríaco. 8 de febreiro - José Rego López, sindicalista e político galego. 16 de marzo - Xosé Lesta Meis, escritor e xornalista galego. 26 de marzo - Víctor Fraiz Villanueva, mestre e sindicalista galego. 9 de abril - Xul Solar, pintor arxentino autodidacta. 10 de abril - Bernardo Alberto Houssay, fisiólogo arxentino, Premio Nobel de Medicina (m. 1971). 17 de abril - Román Rodríguez de Vicente, enxeñeiro e político galego (m. 1928). 28 de xullo - Marcel Duchamp. 15 de agosto - Antón Alonso Ríos, mestre, agrarista e político galego. 21 de agosto - Alejandro Rodríguez Cadarso, médico e político galego (m. 1933). 31 de agosto - Zenobia Camprubí, escritora e lingüista española (m. 1956). 6 de outubro - Le Corbusier (Charles Edouard Jeanneret), arquitecto e pintor suizofrancés. 6 de outubro - Rafael González Villar, arquitecto galego (m. 1941). 5 de novembro - Elpidio Villaverde, político galego. 10 de novembro - Arnold Zweig, escritor alemán. 14 de novembro - Amadeo de Souza-Cardoso, pintor portugués. 15 de novembro - Georgia O'Keeffe, artista estadounidense. 17 de novembro - Bernard Montgomery, mariscal de campo británico na segunda guerra mundial.
Mortes miniatura|Carlos Ulloa Varela. 26 de febreiro - Carlos Ulloa Varela, cantante lírico galego (n. 1849). 27 de febreiro - Aleksandr Borodin, compositor (n. 1833). 7 de marzo - Ramón García Abad, sacerdote e xornalista galego (n. 1836). 15 de abril - Ramón Segade Campoamor, escritor galego (n. 1831). 25 de maio - Nicandro García Taboada, avogado e xornalista galego 16 de novembro - José Rufino Echenique, presidente do Perú de 1851 a 1855 (n. 1808). 20 de agosto - Jules Laforgue, crítico e poeta simbolista francés (n. 1860). 17 de outubro - Gustav Kirchhoff, físico alemán (n. 1824). 5 de novembro - Camilo Placer, xornalista e escritor galego (n. 1854). 1 de novembro - Nicolasa Añón, campesiña e poeta galega (n. 1810). 25 de novembro - Johann Jakob Bachofen, antropólogo, sociólogo e filólogo suízo (n. 1815). 21 de decembro - Eduardo Chao, naturalista, xornalista, historiador e político galego (n. 1822).
Outros
Historia ano a ano
Categoría:1887