1996 (MCMXCVI) foi un ano bisesto comezado en luns no calendario gregoriano.
Acontecementos 8 de xaneiro - Pérdese contacto co barco pesqueiro de orixe galega Carreira, e base na localidade gipuscoana de Pasaia, mentres faenaba no Canal da Mancha. Desapareceron dez persoas.Desaparición del 'Carreira': 25 años de misterio. Noticias de Gipuzkoa. 27 de febreiro - Lánzase no Xapón o primeiro par de xogos de Pokémon: Pocket Monsters Green e Pocket Monsters Red. 3 de marzo - O PP gaña as eleccións xerais de España. José María Aznar, presidente do goberno español. 16 de maio - Lanzamento do primeiro satélite de comunicacións israelí, AMOS 1. 30 de decembro - Reformado o estatuto de autonomía das Illas Canarias. Celébrase a Eurocopa de Inglaterra. Gaña na final Alemaña á República Checa. Xogos Olímpicos de Atlanta. Manuel Rivas obtén o Premio Nacional de Narrativa coa obra Que me queres, amor?. Fórmase a banda galega de Rock Ruxe Ruxe
Nacementos 26 de xaneiro: María Pedraza, actriz española. 14 de abril: Abigail Breslin, actriz estadounidense. 14 de maio: Martin Garrix, DJ holandés. 15 de maio: Birdy, cantante británica. 9 de setembro: Bersant Celina, futbolista noruegués-kosovar. 18 de outubro: Anna Gas i Serra, escritora catalá. 7 de novembro: Lorde, cantante e compositora neozelandesa.
Mortes 4 de xaneiro - Tino Bianchi, actor italiano. 28 de xaneiro - Joseph Brodsky, poeta ruso-estadounidense, premio Nobel de Literatura en 1987. 30 de xaneiro - José Gómez Posada-Curros, xornalista e escritor galego (n. 1900). 3 de marzo - Marguerite Duras, escritora francesa. 15 de marzo - Armando Fernández Mazas, mestre, xornalista e escritor galego (n. 1905). 24 de maio - Lois Pereiro, poeta galego. 15 de xuño - Ella Fitzgerald, cantante estadounidense (n. 1917).
17 de xuño - Thomas Kuhn, filósofo da ciencia estadounidense. 18 de xuño - Gino Bramieri, actor e cómico italiano (n. 1928). 21 de xullo - Xosé Otero Abeledo Laxeiro, pintor lalinense (n. 1908). 12 de agosto - Viktor Amazaspovich Ambartsumian, astrónomo armenio. 26 de agosto - Marcial Suárez, escritor galego (n. 1918). 13 de setembro - Xosé Filgueira Valverde, escritor galego (n. 1906). 30 de setembro - Xosé Lodeiro, pintor galego (n. 1930). 29 de outubro - Maximino Romero de Lema, bispo galego (n. 1911). 10 de novembro - Ricardo Palmás Casal, xornalista, escritor e galeguista da Arxentina (n. 1940). 22 de novembro - María Casares, actriz coruñesa que triunfou no exilio en Francia 20 de decembro - Carl Sagan astrónomo e divulgador científico estadounidense (n. 1934).
22 de decembro - Carmen Sierra, profesora e política galega (n. 1906).
Premios Nobel Física - David Morris Lee, Douglas D. Osheroff, Robert C. Richardson. Química - Robert Curl, Sir Harold Kroto, Richard Smalley. Medicina - Peter C. Doherty, Rolf M. Zinkernagel. Literatura - Wislawa Szymborska. Paz - Carlos Filipe Ximenes Belo e José Ramos-Horta. Economía - James A. Mirrlees, William Vickrey
Día das Letras Galegas dedicado a: Xesús Ferro Couselo
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Historia ano a ano
Categoría:1996