Rodrigo ou Roderico foi o derradeiro rei visigodo de Toledo, que perdeu e morreu contra os musulmáns na batalla de Guadalete no 711. Don Rodrigo foi antes de rei duque da Bética, pero foi elixido rei trala morte de Vitiza, o seu antecesor.
Os fillos de Vitiza non estiveron de acordo coa decisión, apoiando ó seu irmán Akhila II, e pactaron cos musulmáns a entrada na península dun continxente destinado a usurpa-lo título de Don Rodrigo, pero que finalmente se convertería nun exército de invasión.
Cando os musulmáns desembarcaron na Península, Don Rodrigo foi á súa loita, atopándose daquela no norte, segundo as crónicas ou ben loitando contra unha revolta vascoa ou contra os vitizianos.
Véxase tamén
Outros artigos Reino visigodo Lista dos reis visigodos Galicia na monarquía visigoda Historia de España Moeda visigoda
Categoría:Reis visigodos Categoría:Finados en 711