Vila de Cruces é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Deza. Limita cos concellos de Boqueixón, Touro, Arzúa e Santiso (da provincia da Coruña), e Silleda, Agolada e Lalín (provincia de Pontevedra). O concello ten 28 parroquias e 141 núcleos de poboación.
Segundo o IGE no ano 2024 tiña 5.033 habitantes.
O seu xentilicio é crucés ou carbiao.
Xeografía
Demografía Segundo o padrón municipal de habitantes a poboación en 2024 era de 5.033 persoas.
Censo total 5.556 (2015) Menores de 15 anos 452 (8.14 %) Entre 15 e 64 anos 3.269 (58.84 %) Maiores de 65 anos 1.835 (33.03 %)
Historia
Prehistoria A prehistoria local é evidenciada pola presenza de castros e mámoas dispersos polo concello, na súa maior parte xa destruídos.
Destaca a necrópole megalítica de Oirós, un conxunto de máis de quince mámoas que foron escavadas no ano 1973 nunha actuación dirixida polo arqueólogo Xosé Carlos Sierra e impulsado polo sacerdote local Nicolás Alvarellos, no que foi a primeira escavación da arqueoloxía galega contemporánea. Entre os anos 1975 e 1976, arqueólogos da Universidade de Santiago de Compostela descubriron na zona dolmens de planta circular e poligonal. Este campo de mámoas data en torno ao ano 2.300 a.C. e enmárcase no megalitismo final. Entre os restos funerarios atopados no xacemento constan un coitelo de sílex, puntas de frecha, láminas de ouro e fragmentos cerámicos.
Idade contemporánea A redistribución territorial causada pola Constitución de 1812 divide o territorio de Vila de Cruces en cinco concellos: Camanzo, Ferreirós, Piloño, Merza e Cruces. Na división de Galicia en catro provincias en 1822, estes concellos englóbanse na provincia de Vigo, que máis tarde cambiaría a súa capitalidade a Pontevedra.
Na redistribución territorial de 1835 que deixa ao partido xudicial de Lalín con seis concellos, a parroquia de Carbia obtén a capitalidade do municipio, que se denominou concello de Carbia ata o 19 de setembro de 1944, cando o concello inaugurou a súa nova sede en Vila de Cruces, tomando esta denominación oficialmente.
Cultura
Festas e celebracións A Patroa da vila é a Nosa Señora da Piedade e celébrase a súa festa a fin de semana seguinte ó 4 de agosto (agás se é sábado que pasaría a ser o seguinte).
Entroido Varias parroquias celebran o entroido cos altos dos xenerais.
Gastronomía Tamén celebra festas gastronómicas como a da Castaña en novembro, a do Chourizo en febreiro e a do Galo de Curral en maio, todas elas con degustación gratuíta de produtos da zona.
Os días de feira na Vila son 4 e o 17 de cada mes.
Galería de imaxes
Nados en Vila de Cruces
Parroquias
Lugares de Vila de Cruces Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Vila de Cruces vexa: Lugares de Vila de Cruces.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Eleccións municipais en Vila de Cruces
Categoría:Vila de Cruces