Rodeiro é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Deza. Segundo o IGE en 2022 tiña 2.317 habitantes. O xentilicio é rodeirao/á ou cambote/-a
Topónimo Rodeiro é un topónimo latino que se refire aos cumes circulares, como poden ser os outeiros ou as localizacións de castros.
Xeografía Está situado no centro de Galicia, ao nordeste da provincia de Pontevedra, nas terras altas da dorsal galega. Ten 154,2 km², e 146 entidades de poboación repartidas entre 20 parroquias.
Cara ao leste o concello está orientado á serra do Faro, con cumios de máis de 1.000 m de altitude. Cara ao oeste, está o curso alto do río Arnego e o val de Camba, cunha altitude media entre os 600 e os 700 metros.
Poboación
Censo total 2700 (2015) Menores de 15 anos 205 (7,59 %) Entre 15 e 64 anos 1490 (55,18 %) Maiores de 65 anos 1005 (37,22 %)
Historia No ano 832 Afonso II cedeu a Salvador de Oviedo o goberno de varias igrexas da zona, aínda que baixo a autoridade do bispo de Lugo, para pagar o censo eclesiástico. Nesa época xa se coñece a zona como Terra de Camba.
A vila de Rodeiro naceu ao amparo dunha antiga fortaleza medieval, da que apenas quedan restos. A Casa - Fortaleza de Camba aparece mencionada no século XIV no testamento de Andrés Sánchez de Gres, a quen lla legara seu tío Afonso Sánchez a condición de formar vínculo con ela.
En 1345 a fortaleza foi vendida por Alonso Suárez de Deza, "Churruchao", xunto con outras propiedades que a súa esposa, Maior Vázquez de Rodeiro, recibira do seu pai, Vasco de Rodeiro, e que foran concedidas polos reis Sancho IV de Castela e Fernando III. Logo de ser confiscada aos Churruchaos, pasou a ser o baluarte máis importante da mitra compostelá na bisbarra. Fernando de Camba, señor da fortaleza de Seoane de Camba, participou na toma de Granada no 1492.
Galería de imaxes
Nados en Rodeiro
Parroquias
Lugares de Rodeiro Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Rodeiro vexa: Lugares de Rodeiro.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Rodeiro Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía