La Oreja de Van Gogh é un grupo vasco orixinal de Donostia que comezou a súa carreira musical cun enorme éxito no ano 1996, e que levan vendido máis de 6 millóns de discos.
Historia Estaba formado na súa orixe por cinco compoñentes: a vocalista Amaia Montero (1976) e os músicos Pablo Benegas (1976) á guitarra, Álvaro Fuentes (1975) ó baixo, Xabi San Martín (1977) ó teclado e Haritz Garde (1976) á batería.
En novembro de 2007 Amaia Montero anunciou a súa saída da banda donostiarra e a súa intención de comezar unha carreira en solitario. O resto dos compoñentes confirmaron que o grupo continúa traballando nun novo disco que sairía ó mercado en setembro de 2008. Neste novo traballo, a nova vocalista do grupo é a cantante Leire Martínez.
Discografía Con Amaia Montero Dile al Sol (1998) Foi o seu primeiro álbum, producido por Sony-Epic. Vendeu, aproximadamente, 900.000 copias. Os singles de maior éxito foron Soñaré e Cuéntame al oído entre outros. El viaje de Copperpot (2000) O seu segundo traballo. Vendeu máis de 1 200 000 copias en España. Os temas máis soados foron La playa e Cuídate. Lo que te conté mientras te hacías la dormida (2003) Foi o seu terceiro traballo discográfico, do que venderon máis de 600.000 copias en España. Con este álbum déronse a coñecer en varios países, visitando mesmo Xapón para a Exposición Mundial de Aichi. Gira 2003 (2004) Recompilatorio sobre a súa xira por toda España, vendeu preto de 200.000 copias só en España e incluíndo un DVD da xira. Guapa (2006) Guapa é o cuarto álbum do grupo, cuxo lanzamento coincidiu co 10º aniversario da banda. O seu primeiro single foi "Muñeca de trapo" e o segundo "Dulce locura", ambos con grande éxito.
Con Leire Martínez
A las cinco en el Astoria (2 de setembro de 2008) Cometas por el cielo (13 de setembro de 2011) El planeta imaginario (4 de novembro 2016)
ÁlbumInformación Dile al Sol Data de saída: 1998 Vendas en España: 900,000 (9 x Platinum) Vendas mundiais: 1,000,000 Singles: "El 28" "Soñaré" "El Libro" "Qué Puedo Pedir" "Dile Al Sol" "Pesadilla" "Cuéntame Al Oído" "La Estrella Y La Luna" El viaje de Copperpot Data de saída: 2000 Vendas en España: 1,200,000 (12 x Platinum) Vendas mundiais: 2,000,000 Singles: "Cuídate" "París" "Pop" "La Playa" — #30 (USA Latin), # 1 (ES), "Soledad" "Mariposa" "La Chica Del Gorro Azul" "Tu Pelo" Lo que te conté mientras te hacías la dormida Data de saída: 2003 Postos: # 9 (USA Latin) # 1 (ES - 7 weeks) Vendas en América: 100,000 Vendas en España: 600,000 (6 x Platinum) Vendas mundiais: 2,000,000 Singles: "Puedes Contar Conmigo" — # 1 (ES - 2 semanas), #5 (USA Latin) "20 De Enero" — # 1 (ES) "Rosas" — # 1 (ES - 2 semanas), #4 (USA Latin) "Deseos De Cosas Imposibles" — #4 (ES), #21 (USA Latin) "Vestido Azul" — # 1 (ES) "Geografía" — #6 (ES) "Historia de un sueño" — #15 (ES) "Bonus Track" — #9 (ES) "La esperanza debida" Guapa Data de saída: 2006 Postos: # 5 (U.S.Latin) # 1 (SP - 9 weeks) Vendido en España: 587.000 (7 x Platinum) Vendas mundiais: 1,000,000 (ata o de agora) Singles: 2006 "Muñeca de trapo" - # 1 (ES - 2 semanas), # 12 (U.S.Latin), # 6 (MEX) 2006 "Dulce locura" - #1 (ES - 3 semanas), #37 (U.S.Latin) 2006 "Perdida" - Decembro TBA 2007 "A diez centímetros de ti" — TBA 2007 "Manhattan" — TBA
Categoría:Grupos musicais do País Vasco Categoría:Grupos musicais de pop Categoría:Grupos musicais formados en 1996