Non confundir coa serie de televisión Sé quién eres, emitida por Telecinco no ano 2017.
Sei quen es (en ) é un filme hispano-arxentino dirixido por Patricia Ferreira Mañá, e producido por Continental Producciones, Tornasol Films e Zarlek Producciones. A película estreouse en España o 7 de abril de 2000 e está protagonizada por Ana Fernández e Miguel Ángel Solá xunto con Roberto Enríquez, Ingrid Rubio e Manuel Manquiña.
Sinopse
Sei quen es narra a historia de Paloma, unha psiquiatra nova e namorada do seu traballo que se incorpora a un hospital remoto en Galicia, onde coñece a Mario, un paciente moi especial. Inquietante e sedutor, padece unha estraña enfermidade: a síndrome de Korsakov -unha alteración da memoria-. Descubrir as lembranzas perdidas de Mario levará a Paloma a unha perigosa aventura na que os dous se enfrontarán a secretos aínda ocultos da recente historia de España.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Consello da cultura Galega
Categoría:Filmes de 2000 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes dirixidos por Patricia Ferreira Categoría:Filmes de 2000 con versión en galego Categoría:Filmes da Arxentina Categoría:Filmes de España