Vicente Barros, nado en Mourente (Pontevedra) e finado en Buenos Aires o 7 de maio de 1954, foi un xornalista e político galego.

Traxectoria Emigrou a Arxentina. Pintor de profesión. Foi membro da Sociedade d'Arte Pondal, da que foi elixido secretario en 1927,Correo de Galicia, 7-8-1927, p. 12. e presidente en 1929,Correo de Galicia, 21-4-1929, p. 1. e despois da Sociedade Nazonalista Pondal da que foi presidente en 1932 e director do seu periódico A Fouce dende 1933. Colaborou en El Despertar Gallego,El Despertar Gallego, 15-1-1928, p. 1. Céltiga, A Nosa Terra e Raza Celta. Finou en Buenos Aires o 7 de maio de 1954.A Nosa Terra, 16-7-1954, p. 2.

Obras Nacionalismo galego. Vieiro de liberdade. Sociedade Nazonalista Pondal, 1936. Notas

Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Nados en Pontevedra