O ano da carracha (en ) é unha coprodución galega do ano 2004 dirixida por Jorge Coira e protagonizada por Verónica Sánchez, Félix Gómez e Javier Veiga.
Con guión de Carlos Portela, trátase dunha comedia xuvenil caracterizada polo sarcasmo e as referencias xeracionais á cultura alimentada de televisión, cine e rock. Estreouse o 20 de agosto de 2004 e gañou 8 Premios Mestre Mateo 2004 incluíndo mellor película e director.
Sinopse Fran (Félix Gómez) chega ó inevitable momento de acabala carreira. A partir de aí, xorden unha chea de dilemas dos que vai depender o seu futuro. O seu primeiro traballo, os problemas coa súa moza provocados pola crise poslicenciatura e a lotaría das oposicións van a traer de cabeza ó protagonista. Cada decisión será vital, aínda que Fran terá a guía de Morgan, fillo de ricos e fachendoso teórico do "carrachatismo", do que aprenderá moito sobre como chegar á doe vida da dependencia paterna.
Personaxes Félix Gómez como Fran Javier Veiga como Morgan Verónica Sánchez como Ana María Vázquez como Patricia Víctor Clavijo como Lito Camila Bossa como Rosa Mela Casal como Nai de Fran Celso Parada como Pai de Fran Josefina Gómez como Avoa de Fran Rosa Álvarez como Amiga de Morgan Elina Luaces como Nai de Morgan Manuel Millán Vázquez como Home 1 Mariana Carballal como Muller 1 Ernesto Ferro como Home 2 Marta Pazos como Laura Xosé Manuel Olveira "Pico" como Director da iogurteira Luis Zahera como Encargado da motivación dos empregados Xulio Abonjo César Goldi Alberto Mourelos Avelina Vázquez
Premios 3ª edición dos Premios Mestre Mateo Mellor filme Mellor dirección (Jorge Coira) Mellor interpretación masculina protagonista (Javier Veiga) Mellor interpretación feminina secundaria (Camila Bossa) Mellor interpretación masculina secundaria (Luis Zahera) Mellor dirección de produción (Xabier Eirís) Mellor montaxe (Guillermo Represa)
Véxase tamén Ligazóns externas
Consello da Cultura Galega
Categoría:Filmes de 2004 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes dirixidos por Jorge Coira Categoría:Filmes rodados en Lugo Categoría:Premio Mestre Mateo ó mellor filme Categoría:Filmes de 2004 con versión en galego