The Dragon Prince, tamén coñecida como The Dragon Prince: Mystery of Aaravos após o lanzamento da cuarta tempada, é unha serie de televisión fantástica de animación por ordenador creada para Netflix por Aaron Ehasz e Justin Richmond, producida por Wonderstorm e animada por Bardel Entertainment. A serie relata as aventuras dos príncipes irmáns Callum e Ezran e a elfa Rayla, que deben coidar do príncipe dragón Azymondias e rematar o conflito entre os reinos humanos e as criaturas máxicas do reino de Xadia, do que proveñen as sete fontes primarias da maxia.

A serie foi aclamada pola crítica polo seu guión, a súa temática, a actuación de voz, a súa animación e o seu humor. A primeira tempada estreouse o 14 de setembro de 2018. A segunda o 15 de febreiro de 2019 e a terceira o 22 de novembro de 2019. A cuarta tempada estreouse o 3 de novembro de 2022, despois dun hiato de 3 anos. A serie renovou contrato por outras tres tempadas máis, con cadanseus nove episodios. Hai en desenvolvemento un videoxogo ambientado no mesmo mundo da serie.

Sagas e episodios Libro Saga Título Episodios Data de emisión 1 The Dragon Prince Moon 9 14 de setembro de 2018 2 Sky 9 15 de febreiro de 2019 3 Sun 9 22 de novembro de 2019 4 Mystery of Aaravos Earth 9 3 de novembro de 2022 5 Ocean 9 22 de xullo de 2023 6 Stars 9 26 de xullo de 2024 7 Dark 9 19 de decembro de 2024

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da serie The Dragon Prince na páxina oficial de Netflix

Categoría:Series de televisión de Netflix Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2018 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión do Canadá