Volodymyr Viktorovych Tykhyi (en ), nado en Chervonohrad, óblast de Lviv, na República Socialista Soviética de Ucraína o 25 de febreiro de 1970, é un director de cinema, guionista e produtor ucraíno.Каталог Київського Міжнародного кінофестивалю «Молодість». Київ, 2000. — С.67;Тихий Володимир Вікторович // Комітет з національної премії України імені Тараса Шевченка, 2018 É membro da Unión Nacional de Cinematógrafos de Ucraína, e en 2018 gañou o Premio Nacional Taras Shevchenko de Ucraína por unha serie de filmes históricos e documentais sobre a Revolución da Dignidade.Decree of the President of Ukraine from 7 березня 2018 year № 60/2018 «Про присудження Національної премії України імені Тараса Шевченка»
Traxectoria Volodymyr naceu o 25 de febreiro de 1970 en Chervonohrad, na rexión de Lviv. Logo de graduarse no instituto, Volodymyr ingresou no colexio de minería de Chervonohrad en 1987. En 1989-1991, serviu no exército soviético na aviación naval, e estivo destinado en Belarús.Володимир Тихий замість жінки свариться з папугою Gazeta.ua, 9 січня 2008
En 1992, entrou na Universidade Nacional de Teatro, Cinema e Televisión de Kíiv. Graduouse en 1997. Traballou nos estudios de televisión Studio 1+1, Danapris-Film e foi o director do programa de televisión Verka Serdiuchka.О. В. Безручко. Кінопедагогічна діяльність М. Г. Іллєнка // Культура і сучасність. — 2013. — № 1. — С. 126—131
Comezou a súa carreira como director de filmes e series de televisión. Máis tarde, cambiou a súa atención aos documentais e, finalmente, pasou a facer longametraxes. Na maioría das súas obras, é o director e guionista. A única excepción é a película The Seventh Route (1997), onde Tychyi actuou só como coautor do guión.Володимир Тихий Енциклопедія «кіно-кола», 2008
É un dos creadores dos proxectos cinematográficos "Assholes. Arabesques, Ukraine, Goodbye!" e Babylon'13. En 2018, foi un dos gañadores do Premio Nacional Taras Shevchenko de Ucraína pola súa serie de documentais históricos sobre a Revolución da Dignidade.Decree of the President of Ukraine from 7 березня 2018 year № 60/2018 «Про присудження Національної премії України імені Тараса Шевченка»
Notas
Categoría:Nados en 1970 Categoría:Guionistas de Ucraína Categoría:Directores de cinema de Ucraína Categoría:Nados na rexión de Lviv