A antracose ou tise dos mineiros é unha lesión pulmonar caracterizada pola pigmentación por partículas de carbón, observada en mineiros, poboacións de grandes núcleos urbanos ou zonas contaminadas, ademais de fumadores. A súa evolución pode dar lugar a graves trastornos pulmonares, sobre todo nos profesionais que entran constantemente en contacto co po de carbón. As partículas de carbón permanecen no tecido pulmonar ou nos ganglios linfáticos de por vida, pero cando son excesivas, poden causar fibrose pulmonar.
Macroscopia Nunha análise macroscópica obsérvase un pulmón con aspecto ennegrecido ou piltagado, con máis afectación das partes ventrais dos lobos que as dorsais, afectando tamén os linfonodos rexionais.
Microscopia esquerda|miniatura|Micrografía de antracose, con deposición de pigmento intersticial (frecha negra) e un macrófago antracótico (frecha branca). Na análise microscópica, as partículas verifícanse como pigmento negro, libre ou fagocitado, moi fino e non refrinxente.
Notas
Véxase tamén
Doenza pulmonar obstrutiva crónica Pulmón Tabaquismo
Ligazóns externas
USP - Pigmentacións exóxenas
Categoría:Doenzas respiratorias Categoría:Doenzas laborais