Jean Nicot de Villemain, nado en Nimes en 1530 e finado París o 4 de maio de 1604, coñecido en portugués como João de Nicote, foi un diplomático e intelectual francés. A nicotina recibe o nome polo seu apelido.

Traxectoria Foi embaixador en Lisboa, Portugal, de 1559 a 1561.

Como embaixador de Henrique II de Francia na corte portuguesa, foi o encargado de negociar o matrimonio de Margarida de Valois co mozo Dom Sebastião. Intrigado polos efectos do tabaco que lle mostrou Damião de Góis, enviou unhas follas á raíña Catarina de Médicis, coa esperanza de curarlle as xaquecas.

En 1560 presentou o rapé —tabaco para poñer no nariz— na Corte francesa. O xénero ao que pertence a planta do tabaco, Nicotiana, que tamén inclúe varias plantas ornamentais utilizadas na xardinería, recibe o nome de Nicot, como na nicotina.

Jean Nicot tamén compilou un dos primeiros dicionarios franceses, Thresor de la langue françoyse tant ancienne que moderne, publicado en 1606.

Segundo algúns autores, na súa viaxe a Portugal estivo acompañado polo seu irmán Jules Nicot ou Júlio de Nicote, que máis tarde se estableceu en Lisboa, casou con Marquesa de Brito (sendo "Marquesa" aquí só un nome, non un título de nobre), filla dun Filipe de Brito, que foi chambelán de D. Duarte de Portugal, arcebispo de Braga, e da súa irmá de sangue, a infanta D. María Manuela, futura esposa de Filipe II de España, e que sería pai de Filipe de Brito e Nicote.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Nicotina Neonicotinoides

Ligazóns externas

Sitio web dedicado a Thresor de Nicot (en francés)

Categoría:Tabaco Categoría:Científicos de Francia Categoría:Diplomáticos de Francia Categoría:Embaixadores de Francia Categoría:Embaixadores en Portugal Categoría:Nados en 1530 Categoría:Nados en Nimes Categoría:Finados en 1604