As eleccións parlamentarias turcas de 2023 están programadas para o 14 de maio de 2023, como parte das eleccións xerais de 2023, xunto coas eleccións presidenciais do mesmo día.

Os votantes de 87 distritos electorais elixirán a 600 membros do Parlamento para a Grande Asemblea Nacional de Turquía por un período de cinco anos, formando o 28º Parlamento do país.

Sistema electoral Os 600 membros da Grande Asemblea Nacional de Turquía serán elixidos por representación proporcional de listas de partidos en 87 distritos electorais, polo método D'Hondt. Aos efectos das eleccións lexislativas, 77 das 81 provincias de Turquía permanecen como distrito único. Debido á súa gran poboación, as provincias de Bursa e İzmir divídense en dous distritos, mentres que as provincias de Ankara e Istanbul divídense cada unha en tres. De acordo coa Constitución de Turquía, calquera emenda á lei electoral só pode aplicarse un ano despois de que entre en vigor.

Límite electoral Por iniciativa do gobernante AKP e o seu principal aliado político, o MHP, o límite electoral nacional para que un partido ingrese ao parlamento reduciuse do 10 ao 7 por cento. Esta foi a primeira redución do límite dende que o introduciu a Xunta militar tras o golpe de Estado turco de 1980.

Non hai límie para os candidatos independentes. Os partidos políticos tamén poden optar por participar nas eleccións nunha alianza política con outros partidos, eliminando o requisito do 7% sempre que a alianza no seu conxunto obteña mais do 7% dos votos en total.

Outras emendas á lei electoral inclúen a distribución de escanos. Anteriormente, os escanos parlamentarios distribuíanse en función da porcentaxe de votos de cada alianza electoral nun distrito determinado. Agora, os escanos distribúense baseándose unicamente na participación de votos de cada partido político nese distrito. Se se aplicara ás eleccións anteriores, os resultados terían sido un pouco máis acordes coas preferencias dos votantes. Por exemplo, un escano de Erzurum de IYI (cuarto partido máis grande de Erzurum) sería para o HDP (terceiro partido máis grande de Erzurum) e un escano de Elazığ de CHP (terceiro partido máis grande de Elazığ) sería para MHP (segundo partido máis grande de Elazığ).

Distritos electorais Turquía está dividida en 87 distritos electorais, que elixen un certo número de membros da Grande Asemblea Nacional de Turquía. A Asemblea ten un total de 550 escanos, aos que cada distrito electoral asigna un determinado número de deputados en proporción á súa poboación. O Consello Supremo Electoral de Turquía realiza revisións da poboación de cada distrito antes das eleccións e pode aumentar ou diminuír o número de escanos dun distrito segundo o seu electorado.

En todos os casos, agás en catro, os distritos electorais comparten o mesmo nome e as fronteiras das 81 provincias de Turquía, coa excepción de Ankara, Bursa, Izmir e Istanbul. As provincias que elixen entre 19 e 36 deputados divídense en dous distritos electorais, mentres que as provincias que elixen máis de 36 deputados divídense en tres. Como as provincias máis poboadas do país, Bursa e Izmir divídense en dous subdistritos, mentres que Ankara e Istanbul se dividen en tres. A distribución de deputados electos por distrito electoral móstrase a continuación. DistritoParlamentariosAdana15Adıyaman5Afyonkarahisar6Ağrı4Aksaray4Amasya3Ankara36Ankara (I)13Ankara (II)11Ankara (III)12Antalya17Ardahan2Artvin2Aydın8 DistritoParlamentariosBalıkesir9Bartın2Batman5Bayburt2Bilecik2Bingöl3Bitlis3Bolu3Burdur3Bursa20Bursa (I)10Bursa (II)10Çanakkale4Çankırı2 DistritoParlamentariosÇorum4Denizli7Diyarbakır12Düzce3Edirne4Elazığ5Erzincan2Erzurum6Eskişehir6Gaziantep14Giresun4Gümüşhane2Hakkâri3Hatay11 DistritoParlamentariosIğdır2Isparta4Istanbul98Istanbul (I)35Istanbul (II)27Istanbul (III)36İzmir28İzmir (I)14İzmir (II)14Kahramanmaraş8Kars3Kastamonu3Karabük3 DistritoParlamentariosKaraman3Kayseri10Kilis2Kırklareli3Kırıkkale3Kırşehir2Kocaeli13Konya15Kütahya5Malatya6Manisa10Mardin6Mersin13 DistritoParlamentariosMuğla7Muş3Nevşehir3Niğde3Ordu6Osmaniye4Rize3Sakarya7Samsun9Siirt3Sinop2Sivas5Şanlıurfa14 DistritoParlamentariosŞırnak4Tekirdağ8Tokat5Trabzon6Tunceli2Uşak3Van8Yalova3Yozgat4Zonguldak5Total600 Partidos A partir do 13 de xaneiro de 2022, o número de partidos que cumprían os requisitos de elixibilidade para concorrer ás próximas eleccións parlamentarias era de 24. Esta lista non é definitiva xa que os partidos políticos non elixibles aínda poden optar a participar nas eleccións cando cumpran os requisitos establecidos na Lei núm. 298 sobre "Disposicións básicas sobre eleccións e censos electorais". PartidoPostura e ideoloxíaLíderResultados 2018% de VotosDeputadosPartido da Xustiza e do Desenvolvemento Adalet ve Kalkınma Partisi (AKP)DereitaNacionalismo, nacional-conservadorismo, democracia islámica, conservadorismo socialRecep Tayyip Erdogan42,56%295Partido de Acción Nacionalista Milliyetçi Hareket Partisi (MHP)De dereita á extrema dereitaUltranacionalismo, panturquismo, euroescepticismo, populismo de dereitaDevlet Bahceli11,10%49Partido da Grande Unidade Büyük Birlik Partisi (BBP)Extrema dereitaNacionalismo, islamismoMustafa Desticidentro do AKP 1 MP1Alianza Popular Cumhur İttifakı (CI)53,66%344Partido Republicano do Pobo Cumhuriyet Halk Partisi (CHP)Centro esquerdaKemalismo, socialdemocracia, eurofiliaKemal Kilicdaroglu22,64%144Partido do Ben İyi Parti (İYİ)Centro, centro dereitaNacionalismo, kemalismo, conservadorismo, partido laico, eurofiliaMeral Aksener9,96%43Partido da Felicidade Saadet Partisi (SP)Extrema dereitaIslamismo, euroescepticismoTemel Karamollaoğlu1,34%2Partido Demócrata Demokrat Parti (DP)Centro dereitaNacionalismo turco, liberalismo económico, conservadorismoGultekin UysalDentro de İYİ1Alianza da Nación Millet İttifakı (MI)33,94%189Partido Democrático dos Pobos Halkların Demokratik Partisi (HDP)EsquerdaSocialismo democrático, populismo de esquerda, dereitos das minorías, defensa dos kurdos, ecoloxía políticaSelahattin Demirtaş11,70%67Partido dos Traballadores de Turquía Türkiye İşçi Partisi (TIP)De esquerda a extrema esquerdaSocialismo democrático, populismo de esquerda, marxismo-leninismo, dereitos das minoríasDentro do HDP4Partido do Traballo Emek Partisi (EMEP)Extrema esquerdaComunismo, marxismo-leninismoNovoPartido do Movemento Obreiro Emekçi Hareket Partisi (EHP)EsquerdaSocialismo democrático, dereitos das minorías, ecoloxía políticaNovoPartido da Liberdade Social Toplumsal Özgürlük Partisi (TÖP)De esquerda a extrema esquerdaSocialismo democrático, comunismo, marxismo-leninismoNovoAlianza do Traballo e a Liberdade Emek ve Özgürlük İttifakı (EÖI)11,70%67

Enquisas de opinión 1000x1000px

Resultados Partidos e coaliciónsVotos%+/-Escanos+/-Partido Xustiza e DesenvolvementoAKPPartido do Movemento NacionalistaMHPTotal Alianza PopularCUMHURPartido Republicano do PoboCHPPartido do BenİYİPartido da FelicidadeSPTotal Alianza da Nación MİLLETPartido Democrático dos PobosHDPPartido da Causa LibreHÜDA PARPartido Patriótico VATANOutros partidosNvIndependentesInd.Votos válidosVotos brancos e inválidos Total100–600Abstención Inscritos / participación

Notas

Categoría:Política de Turquía Categoría:Eleccións celebradas en 2023