Chángchūn (en ) é un filme canadense de 2022 dirixido por Jason Loftus.Patrick Mullen, "Eternal Spring Review: Animating an Awakening". Point of View, 1 de maio de 2022. Baséase na animación do artista chinés Daxiong, e céntrase no secuestro de 2002 das estacións de televisión de Changchun por parte do movemento relixioso Falun Gong, e na represión da China contra os grupos étnicos e as minorías relixiosas.

O filme estreouse no Festival de Documentais de Tesalónica o 15 de marzo de 2022.Alex Economou, "Thessaloniki festival a valuable launchpad for award-winning documentary". Neos Kosmos, 28 de xullo de 2022. Posteriormente foi proxectada no Festival Internacional de Cinema Documental do Canadá Hot Docs de 2022, onde foi gañador dos premios ao filme máis popular do festival e do filme canadense máis popular.Jennie Punter, "‘Eternal Spring’ Takes Rogers Audience and Hot Docs Audience Awards". Variety, 9 de maio de 2022.

En agosto de 2022, o filme foi escollido como candidato do Canadá para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios,Jackson Weaver, "Eternal Spring named Canada's submission for Oscars' best international film". CBC News, 24 de agosto de 2022. mais finalmente non foi nomeado. Foi o primeiro documental e o primeiro filme de animación presentado polo Canadá, e foi a cuarta vez dende 1971 que se seleccionou un filme noutra lingua que non fose o francés.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes do Canadá propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 95ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua mandarín Categoría:Filmes do Canadá