Chhattisgarh (en : Chatīsgaṛh, literalmente: Trinta e seis fortes) é un estado da República da India. A súa capital é Raipur. Está situado no centro do país, limitando ao norte con Uttar Pradesh e Jharkhand, ao leste con Odisha, ao sur con Telangana e ao oeste con Maharastra e Madhya Pradesh. Foi fundado o 1 de novembro de 2000, a partir dunha anaco de Madhya Pradesh.
Idioma A lingua chhattisgarhi, pertencente á familia das linguas indoarias, é a predominante na rexión. Os distritos máis montañosos de Chhattisgarh son o lar do pobo dos gondi, que falan un idioma pertencente á familia das linguas dravídicas.
Véxase tamén Ligazóns externas
Páxina do goberno de Chhattisgarh Peoples Website of Chhattisgarh
Categoría:Subdivisións da India