Saudade de ti é unha serie de televisión estreada en 2022 pola Televisión de Galicia, consta de 60 capítulos na primeira tempada, que foron emitidos entre xullo e setembro de 2022. Na segunda outros 60 de xuño a setembro de 2023. Na terceira outros 60 no verán de 2024.

A primeira tempada foi líder de audiencia na TVG. Foi seguida por máis de 150.000 espectadores cada noite, a primeira elección en horario de máxima audiencia en Galicia.

En marzo de 2023 gravábase a segunda tempada en Ares. Foi estreada na TVG o domingo 18 de xuño de 2023, emitíndose os domingos, luns e martes.

A terceira tempada estreouse o 25 de xuño de 2024, emitíndose no verán de martes a xoves.

Sinopse Un tráxico accidente no que morren dúas persoas sacode a vida de tres familias e obriga a Celia, filla dunha das falecidas e doutora de profesión, a facerse cargo do seu pai e da consulta da vila, á vez que tratan de pechar as feridas polo ocorrido.

Está ambientada na vila costeira e ficticia de Abrente. Ademais dos decorados gravouse en Caión, A Laracha, Ares (no porto e na praia do Raso) ou Miño (a planta baixa da súa casa consistorial converteuse nun hospital).

Polémica Xornalistas Galegas denunciou un vídeo de promoción da serie na TVG por difundir mitos do amor romántico e "apuntalar o machismo": o amor de verdade fai sufrir.

Elenco María Tasende (Celia) Adrián Castiñerias (Santi) Fran Nogueira (Raúl) César Cambeiro (Isidro) Mayka Braña (Adela) Manuel San Martín(Gaspar) María Costas (Teresa) Alfonso Agra (Dimas) Carmen Méndez (Mónica) Fernando Morán (Mauri) Cristina Andrade (Elba) Dani Medín (Brais) Carmen Méndez Alberto Rolán (Lucho) Paku Granxa Beatriz Serén (Uxía) Martina Bravo (Noa).

Saudade de ti. Os amantes do abrente. O 12 de xuño de 2023 a TVG estreou Saudade de ti. Os amantes do abrente. Precuela da serie Saudade de ti, que se sitúa seis meses antes do fatídico accidente de tráfico co que comezou a primeira temporada. Sábese o que pasou entre Olga e Gaspar e o resto dos personaxes nunha época en que as cousas na vila eran moi diferentes.

Segunda tempada Capítulo 61: Raúl decide pídelle matrimonio a Celia. Mónica revélalle ao seu ex que el e mais a súa moza poderían ser irmáns. Isidro proponlle a Belén que vaia vivir con el sen consultalo coa súa filla. Celia permanece allea a estas intrigas. A morte da paciente Leire Uribe fai que teña que remexer en asuntos do seu pasado. Elba trata de agochar diante dos demais os seus sentimentos amorosos cara ao desaparecido Lucho, o prometido da súa defunta irmá.

Viñeron emitíndose cinco capítulos por semana os domingos, luns e martes.

Capítulo 120: Celia vai abandonar Abrente. A súa historia con Raúl rematou e vai empezar outra etapa. Santi ofrécese a levala á estación. Aínda ten algo importante que dicirlle e non quere que a doutora Eiroa marche sen escoitalo. Raúl non entende os motivos que hai detrás da decisión de Celia. É o momento de facerlle caso á súa nai e, polo ben da súa filla, entregarlle o anel de compromiso á muller axeitada. No hospital, nin Teresa nin Lucho son capaces de encontrar a forma de evitar que Elba se renda fronte á súa doenza. Parece que a rapaza xa asumiu con resignación o seu destino.

Colaboran

Producida por TVG, Voz Audiovisual Argumento: Sergio Campo, Jacobo Paz, Puri Seixido Diálogos: María S. Ferreiro Dirección de produción: Paula Fernández Produción delegada TVG: Rosa Sierra, Vanessa Grela, Montse Besada Produción executiva: Fernanda Tabarés Dirección: Ozo Perozo

Elenco María Tasende César Cambeiro Humy Donado María Costas Alfonso Agra Mayka Braña Manuel San Martín Fran Nogueira Carmen Méndez Adrián Castiñeiras Fernando Morán Cristina Andrade Dani Mendín Alicia Armenteros Christian Escuredo

Película A Televisión de Galicia presentou o luns 25, día de Nadal, de 2023 Que fermoso é vivir en Abrente!, unha película que xorde a partir do éxito da serie Saudade de ti.

Terceira tempada A Televisión de Galicia empezou a emitir a terceira tempada, de 60 capítulos, o 25 de xuño de 2024, emitíndose tamén na plataforma AGalega.gal. No elenco están Manuel San Martín, Mayka Braña, María Tasende, Adrián Castiñeiras, Fran Nogueira, César Cambeiro e María Costas, entre outros, asistiu á posta de longo desta nova etapa da ficción.

Volveuse rodar en Ares.

A terceira inclúe novos personaxes e novas tramas, como a construción dun novo porto deportivo que dividirá a vila de Abrente. Algúns veno como unha oportunidade de progreso, mentres que outros temen que desapareza o seu estilo de vida. Tamén seguirá sendo protagonista o conflito amoroso do triángulo formado por Celia, Santi e Raúl. A temporada comeza coa doutora e o enfermeiro metendo as maletas nun coche. Marcharán xuntos a Verín.

Elenco María Tasende César Cambeiro Martina Bravo Alfonso Agra María Costas Cristina Andrade Alberto Rolán Manuel San Martín Mayka Braña Fran Nogueira Dani Medín Carmen Méndez Fernando Morán Adrián Castiñeiras Humy Donado Alicia Armenteros Denis Gomez

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Capítulos na web da TVG

Categoría:Series da TVG Categoría:Series de televisión iniciadas en 2022 Categoría:Series de televisión en lingua galega Categoría:Series de televisión de España