Irina Solomonovna Levitina, nada en Leningrado (RSFS de Rusia, URSS) o 8 de xuño de 1954, é unha xadrecista e xogadora de bridge estadounidense de orixe soviética. En 1984 foi Candidata do Mundial de Xadrez e logrou o título de Gran Mestra Feminina. No bridge gañou cinco campionatos mundiais, catro femininos e dous mixtos. Xogou como membro do equipo estadounidense en dous mundiais femininos.
Traxectoria xadrecística En 1973 empatou no 2º-5º posto no interzonal de Menorca. En 1974 gañou ante Valentina Kozlovskaia por 6½ - 5½ na semifinal do Torneo de Candidatas de Kislovodsk. En 1975 perdeu ante Nana Alexandria por 8 - 9 na final dese Torneo, celebrada en Moscova. En 1977 perdeu ante Alla Kushnir por 3 - 6 nun partido de cuartos de final en Dortmund.
En 1982 logrou o 2º posto no Interzonal de Tbilisi. En 1983 venceu a Nona Gaprindashvili por 6 - 4 en cuartos de final en Lviv e a Nana Alexandria por 7½ - 6½ na semifinal en Dubna. En 1984 bateu a Lidia Semenova por 7 - 5 na final en Sochi e clasificouse como desafiante do Mundial Feminino dese ano. Porén, Levitina caeu ante Maia Chiburdanidze por 5½ - 8½ en Volgogrado.
En 1986 quedou en 7º lugar no Torneo de Candidatas en Malmö. En 1987 empatou no 2º-4º posto no Interzonal de Smederevska Palanka. En 1988 empatou no 3º-4º lugar no Torneo de Candidatas de Tsqaltubo. En 1991 empatou no 3º-4º posto no Interzonal de Subotica. En 1992 ficou 6ª no Torneo de Candidatas de Shanghai.
Foi Campioa Soviética Feminina en catro ocasións: 1971, 1978 (conxuntamente), 1979 e 1981.
En 1990 emigrou aos Estados Unidos. Foi campioa feminina dese país en 1991 (xunto con Esther Epstein) e 1993 (xunto con Elena Donaldson-Akhmilovskaia), e en solitario en 1992.
En 1972 foi nomeada Mestra Internacional Feminina e en 1976, Gran Mestra Feminina.
Traxectoria no bridge Levitina logrou 5 campionatos mundiais de bridge feminino e moitos títulos a nivel nacional. Antes dos campionatos europeo e mundial de 2014, Levitina era a número 15 de 73 na clasificación mundial de Grand Master Feminino por masterpoints a nivel mundial (MP).
En 1986 gañou o premio Alpwater pola mellor man do ano lograda por unha muller. Converteuse na primeira soviética en obter un galardón neste deporte. miniatura|Irina Levitina no 10º Mundial de Bridge en Lille (1998)
Palmarés en bridge
Premios
Premio Alpwater (1986)
Vitorias
Copa de Venecia (1): 2007 Olimpíada Feminina por Equipos (1): 1996 Copa McConnell (1): 2002 Mundial Feminino por parellas (1): 2006 Campionato Transnacional Mixto (1): 2000 Campionato Norteamericano de Bridge (9) Feminino por Equipos mediante Sistema Suízo (3): 2001, 2005, 2007 Board-a-Match Feminino por Equipos (3): 2004, 2006, 2008 Eliminatorio Feminino por Equipos (3): 1993, 1995, 2008 Campionato de Bridge dos Estados Unidos (5) Feminino por Equipos (5): 1996, 2001, 2005, 2007, 2009
Subcampioa
Copa McConnell (1): 2006 Campionato Norteamericano de Bridge (5) Norteamericano por Equipos mediante Sistema Suízo (1): 1995 Feminino por Equipos mediante Sistema Suízo (1): 2008 Board-a-Match Feminino por Equipos (1): 2001 Eliminatorio Feminino por Equipos (2): 1998, 2004 Campionato de Bridge dos Estados Unidos (3) Feminino por Equipos (3): 2000, 2004, 2008
Partidas de xadrez destacadas Nana G Alexandria vs Irina Levitina, Moscova cf (Mulleres) 1975, 0-1 Irina Levitina vs Goltsova, Sevastopol 1978, 1-0
Notas
Categoría:Nados en 1954 Categoría:Xadrecistas da Unión Soviética Categoría:Xadrecistas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en San Petersburgo