Medio dólar conmemorativodo Oregon Trail "½ Dollar Oregon Trail Memorial". Numista.com"Oregon Trail Memorial Half Dollar". United States Mint."1926-1939 Oregon Trail Memorial Half Dollar". Earlycommemorativecoins.com150x150px150x150pxA/: Carruaxe tirada por bois cara ao Oeste, no solpor. Lendas: IN GOD WE TRUST / OREGON TRAIL MEMORIAL / 1926R/: Nativo americano de corpo enteiro con arco e toucado. Atrás, mapa dos EEUU co Oregon Trail marcado. Lendas: UNITED STATES OF AMERICA / HALF DOLLAR Datas: 1926, 1928, 1933, 1934, 1936-1939. Cecas: Filadelfia (sen marca), Denver (D) e San Francisco (S). Gravador: James E. Fraser (A/) e Laura G. Fraser (R/) . Aliaxe: prata (90 %) e cobre (10 %). Tiraxe total: 202.928 exemplares Diámetro: 30,61 mm. Peso: 12,50 g. Espesor: 2,15 mm. Canto: estriado.

O medio dólar conmemorativo do Oregon Trail é unha moeda de prata dese valor facial emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos entre 1926 e 1939, en conmemoración do sendeiro coñecido como Oregon Trail, utilizado na colonización da costa do Pacífico a mediados do século XIX.

A moeda foi deseñada por Laura Gardin Fraser e o seu home, James Earle Fraser, e reproduce no seu anverso unha carreta tirada por unha xugada de bois, camiño do Vello Oeste, e no seu reverso un nativo americano sobre un mapa dos Estados Unidos, no que se indica a traxectoria do Oregon Trail.Que face se corresponde co anverso e cal co reverso é obxecto de controversia nesta moeda. Os deseñadores consideraban que a face do indio era o anverso, mais a Casa da Moeda consideraba —e segue a considerar na súa web— que o lado da carreta é o anverso, por ser onde leva a data. Neste artigo optouse pola versión da Casa da Moeda, por coincidir co criterio máis habitual na numismática moderna. Ao recpecto, véase Bowers, Q. D. (2008). Páxina 88.

Ezra Meeker, nado en Ohio, percorrera esta ruta coa súa familia en 1852 e dedicou as dúas derradeiras décadas da súa longa vida, antes do seu pasamento en 1928, a dar a coñecer o Oregon Trail para que non caese no esquecemento. En 1926, aos seus 95 anos, compareceu ante unha comisión do Senado para solicitar que o Goberno emitise unha moeda conmemorativa que puidese venderse para recadar diñeiro para os fitos indicadores da ruta. A moeda ideárase orixinalmente por cidadáns de Idaho, encabezados pola doutora Minnie Howard, que buscaban darlle pulo aos traballos de conservación de Fort Hall. Meeker ampliou a idea e o Congreso autorizou a cuñaxe de seis millóns de moedas de medio dólar sen impor restrición ningunha sobre cando nin en que ceca se debían cuñar as moedas. A Oregon Trail Memorial Association (OTMA), presidida por Meeker, fixo cuñar decenas de milleiros de pezas en 1926 e 1928, e non as deu vendido todas. Aínda así, a maioría dos anos entre 1933 e 1939 fixo cuñar pequenas cantidades de exemplares, nalgúns anos mesmo nas tres cecas en funcionamento no país, para producir variedades de interese para o coleccionismo, e subiu os prezos considerablemente.

Os coleccionistas queixáronse de que algunhas das emisións estaban controladas por comerciantes de moedas, e os coleccionistas individuais tiñan que pagar prezos elevados. As protestas públicas sucedéronse e, en 1939, o Congreso puxo fin á serie. Malia as queixas, a OTMA tivo dificultades para vender as moedas, que seguiron estando dispoñibles na organización sucesora ata 1953. Cuñáronse pouco máis de 260.000 dos 6.000.000 de exemplares autorizados, e deles fundíronse máis de 60.000. A moeda conmemorativa estadounidense cuñada durante máis tempo, o medio dólar conmemorativo do Oregon Trail, foi amplamente eloxiada polo seu deseño.

Antecedentes miniatura|Ezra Meeker (1830-1928), pioneiro e escritor estadounidense do Oregon Trail. A fotografía é de 1921, cando tiña 90 anos."Ezra Meeker, 1830-1928". Library of th Congress. A mediados do século XIX, antes de que a construción do ferrocarril transcontinental en 1869 facilitase as viaxes, centos de milleiros de persoas percorreron o Oregon Trail para colonizaren o Vello Oeste dos Estados Unidos. Non todos os que emprenderon a viaxe chegaron ao seu destino, xa que houbo moito sufrimento e morte no camiño —segundo unha estimación, 20.000 persoas xacen en tumbas sen nome.Becker, P. (2006). "Ezra Meeker dies; an ox-team pioneer". En The New York Times. 4 de decembro de 1928.

O granxeiro Ezra Meeker (1830-1928), nado en Ohio, percorreu o Oregon Trail en 1852. El, a súa esposa e o seu fillo pequeno foron en carreta tirada por bois desde Iowa ata o Territorio de Oregón. Na súa vellez, considerou que o Oregon Trail e o sacrificio dos que morreran ao longo do seu traxecto estaban a ser esquecidos. En medio dunha considerable publicidade, como un dos derradeiros superviventes dos pioneiros que abriran o camiño cara ao Oeste, Meeker percorreu outra vez a súa ruta entre 1906 e 1908. Nalgúns lugares, o sendeiro desaparecera, engulido por poboacións e granxas, e nas súas viaxes tratou de achar os lugares polos que pasara, intentando que se erixisen fitos históricos. Levou a súa xugada de bois e a súa carreta por todo o país para lle dar publicidade á súa causa, e aparcou fronte á Casa Branca, onde se reuniu co presidente Theodore Roosevelt. En Nova York, cruzou a ponte de Brooklyn. En 1910, el e os seus bois participaron no desfile do Torneo das Rosas en Pasadena. Nos anos seguintes, percorreu novamente a ruta en carreta de bois, en automóbil e, á idade de 93 anos en 1924, en avión, intentando promover a súa causa e procurando recoñecemento federal e financiamento para os seus esforzos.

Inicio O medio dólar conmemorativo do Oregon Trail xurdiu a raíz de varios esforzos de cidadáns de Idaho que estaban a favor da conservación do lugar de Fort Hall, unha importante estación de paso do Oregon Trail.Greenbaum, G. M. (2014). Páxina 33. A idea xurdira a partir da emisión do medio dólar conmemorativo de Stone Mountain en 1925, que fixo que Mabel Murphy, esposa dun xornalista de Idaho, lle propuxese ao seu home a cuñaxe dunha moeda do Oregon Trail, cuxos beneficios poderían destinarse á conservación histórica. O 16 de abril de 1925, o seu marido, D. T. Murphy, publicou un editorial titulado Oregon Trail Covered Wagon Half Dollars no Idaho State Journal. A señora Murphy non viviría para ver a emisión da moeda, xa que faleceu o 30 de novembro de 1925 por causa da tuberculose.Greenbaum, G. M. (2014). Páxina 35.

A idea da moeda volveu xurdir cando os activistas civís de Pocatello, Idaho, dirixidos por Minnie Howard, buscaron ideas para financiar un monumento no sitio de Fort Hall. O vendedor de seguros F. C. McGowan amosou un exemplar do medio dólar de Stone Mountain, e Howard e os seus colegas asumiron a idea para a aplicar ao seu proxecto. Meeker tamén o fixo en canto oíu falar dela, e para iso constituíu a Oregon Trail Memorial Association (OTMA), unha organización nacional, que tamén podería ser a receptora dos medios dólares para os vender despois cunha marxe de beneficio para financiar a súa causa.Greenbaum, G. M. (2014). Páxina 34.

En 1925, o Congreso era reticente a autorizar máis moedas conmemorativas; entre 1920 e 1925 emitíranse doce moedas, e moitos lexisladores consideraban que se estaban a permitir emisións que "conmemoraban acontecementos de interese local e non nacional"."Commemorative Coins from 1892-1954". United States Mint. A totalidade das tiraxes de moedas conmemorativas vendíaselles polo seu valor nominal ás organizacións patrocinadoras designadas nas leis de autorización, e logo estas entidades vendíanas ao público cun sobreprezo, recadando así diñeiro para o financiamento das causas que o Congreso considerara meritorias.Webber, B. (1986). Páxina 15. Precavido por unha serie de emisións anteriores infrutuosas, o Congreso rexeitou varias propostas de moedas especiais a principios de 1926. Entre elas estaban, por exemplo, as que pretendían conmemorar a finalización das autoestradas Lincoln e Victory, e unha proposta para conmemorar o centenario do nacemento do compositor estadounidense Stephen Foster.Taxay, D. (1967). Páxina 118.

Proceso lexislativo miniatura|Ezra Meeker (dereita) estreita a man do presidente Calvin Coolidge, na cerimonia de sinatura da lei que autorizaba a moeda, en 1926."Ezra Meeker and Calvin Coolidge". Southern Utah University. O proxecto de lei que autorizaba a emisión do medio dólar conmemorativo do Oregon Trail foi presentado por primeira vez na Cámara de Representantes o 25 de xaneiro de 1926 polo congresista de Washington John Franklin Miller, que fora alcalde de Seattle. Meeker vivía en Seattle durante o período de alcaldía de Miller, tras mudarse da súa anterior residencia en Puyallup. Segundo o historiador local Bert Webber na súa monografía de 1986 sobre a moeda, "hai poucas dúbidas de que o Sr. Miller se viu influído Ezra Meeker para propor esta moeda ".Webber, B. (1986). Páxinas 10, 13.Driggs, H. R.; Meeker, E. (1932). Páxina 302. O 3 de marzo celebrouse unha sesión na que Meeker testemuñou ante a Comisión de Moedas, Pesos e Medidas da Cámara de Representantes. O proxecto de lei recibiu un informe favorable e logo foi aprobado polo pleno da Cámara o 5 de abril de 1926.Greenbaum, G. M. (2014). Páxinas 34-35. Aínda que o proxecto de lei non tivo oposición na Cámara de Representantes, un dos seus membros, o congresista de Míchigan Louis Cramton, fixo varias preguntas antes de que fose aprobado por consentimento unánime.Webber, B. (1986). Páxinas 16-21. Segundo un artigo de outubro de 2013 na revista The Numismatist, "o Congreso non foi rival para Meeker".Greenbaum, G. M. (2013). Páxina 43.

Superado o seu preceptivo paso pola Cámara de representantes, o 26 de abril de 1926, Meeker, de 95 anos, compareceu tamén ante a Comisión de Banca e Moeda do Senado. O secretario do Tesouro, Andrew W. Mellon, presentara unha carta na que amosaba a súa opinión contraria ás emisións de moedas conmemorativas, agás as de importancia nacional. Meeker, no seu testemuño, argumentou que a emisión do Oregon Trail posuía tal relevancia. A xunta da OTMA considerou a posibilidade de solicitar unha emenda do proxecto de lei para aceptar a alternativa suxerida por Mellon, que propuña a emisión dunha medalla conmemorativa, no canto da moeda, mais finalmente decidiuse continuar coa idea da moeda, en parte debido á insistencia de Minnie Howard. O proxecto de lei do medio dólar non recibiu ningunha recomendación, pero foi aprobado polo Senado o 10 de maio. Meeker reuniuse co presidente Calvin Coolidge para se asegurar de que o asinara, e así sucedeu o 17 de maio de 1926, para dar lugar á Lei pública 325, pola que se autorizaba a emisión de ata un máximo de 6.000.000 de moedas de medio dólar."Oregon Trail Commemorative Coin Legislation". United States Coin. O presidente Calvin Coolidge asinou a lei no xardín da Casa Branca; Meeker estivo presente na cerimonia da sinatura e foi fotografado estreitando a man do presidente Coolidge.Webber, B. (1986). Páxina 21.