Modesto Álvarez Elices, nado en Xinzo de Limia o 23 de marzo de 1888 e finado no mesmo concello o 16 de agosto de 1963, foi un farmacéutico, xornalista e político galego.
Traxectoria
Licenciado en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela en 1913. Foi administrador de El Eco Antelano. Desenvolveu a súa actividade profesional en Tucumán en 1916. Foi Subdelegado de Farmacia en Xinzo de Limia e tiña farmacia en Trasmiras. Na Segunda República foi elixido concelleiro de Xinzo de Limia polo Partido Radical nas eleccións municipais do 31 de maio de 1931.Proclamación da II República en Xinzo de Limia (1931) Logo da dimisión de Felisindo Carballo Romero en 1935, foi elixido alcalde de Xinzo de Limia. Finou en Xinzo de Limia o 16 de agosto de 1963.Necrolóxica en La Región, 17-8-1963, p. 3.
Vida persoal
Casou con Carmen Gómez Villarino, e foi pai de Leopoldo, Abel, Ignacio, Modesto, Monserrat e María del Carmen Álvarez Gómez. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Farmacia y Laboratorio "Elices" (anuncio en El Látigo (Xinzo de Limia), 1923
Categoría:Farmacéuticos de Galicia
Categoría:Alcaldes de Xinzo de Limia Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Nados en Xinzo de Limia
Categoría:Nados en 1888 Categoría:Finados en 1963