Hogwarts Legacy é un videoxogo de acción e rol de 2023 desenvolvido por Avalanche Software e publicado por Warner Bros. Games baixo o selo Portkey Games. O xogo, que forma parte da franquía Wizarding World, está ambientado a finais do século XIX, un século antes dos eventos relatados nas novelas de Harry Potter. O xogador controla a un estudante inscrito na Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería que aprende a manexar unha variedade de habilidades e obxectos máxicos. Coa axuda de compañeiros e profesores, o protagonista emprende unha viaxe para descubrir un antigo segredo do mundo máxico.
Modo de xogo Hogwarts Legacy é un videoxogo de rol de acción con perspectiva en terceira persoa. Está ambientado na Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería e as súas áreas circundantes, influenciado pola franquía Wizarding World.
Notas
Categoría:Videoxogos de 2023 Categoría:Videoxogos de Xbox Series X e Series S Categoría:Videoxogos de Xbox One Categoría:Videoxogos de Windows Categoría:Videoxogos de Warner Bros. Interactive Entertainment Categoría:Videoxogos desenvolvidos nos Estados Unidos de América Categoría:Videoxogos baseados en novelas Categoría:Videoxogos dun só xogador Categoría:Videoxogos de PlayStation 5 Categoría:Videoxogos de PlayStation 4 Categoría:Videoxogos de mundo aberto Categoría:Videoxogos de Nintendo Switch Categoría:Videoxogos de Harry Potter Categoría:Videoxogos de rol de acción