O búfalo negro ou búfalo do Cabo (Syncerus caffer caffer) é unha subespecie de búfalo africano (Syncerus caffer) da familia Bovidae, que está presente nas sabanas, onde forma mandas que poden chegar a varios milleiros de exemplares. miniatura|Exemplar no parque nacional de Chobe, Botswana.

Descrición Syncerus caffer caffer é a subespecie típica, e a máis grande, con grandes machos cun peso de até 910 kg. Presenta un pescozo musculoso e unha cabeza maciza, as patas son longas e dotadas de pezuños anchos, as súas patas dianteiras son moito máis anchas que as traseiras, xa que soportan o peso da parte frontal do corpo, que é máis pesado e máis potente que a parte traseira. A cor desta subespecie é máis escura que a de Syncerus caffer chegando a ser case negra, de aí o seu nome. O dimorfismo sexual é fácil de distinguir, do mesmo xeito que na especie Syncerus caffer, os machos son máis grandes e posúen unha cor máis escura, mentres que as femias teñen unha máis clara, ambos os sexos presentan cornos largos e aplanados voltos cara a atrás.

Distribución xeográfica Distribúese de forma descontinua ao oeste do continente, chegando até Senegal, pero a maior parte dos exemplares atópanse no sueste do continente. Durante a estación seca emigran ao sur, a Angola, Suráfrica, Botswana, Zimbabwe e Mozambique; e logo retornan ás grandes chairas de Kenya, Tanzania e o sur de Etiopía.

Hábitat O búfalo africano negro vive nos pantanos e chairas de inundación, así como nos pasteiros e bosques das principais montañas de África. Este búfalo prefire hábitats con densa vexetación, tal como canas e matogueiras, pero tamén se pode ver en bosques abertos. Aínda que non é particularmente esixente con respecto ao hábitat, require diariamente de auga, polo que dependen de fontes perennes de auga. Do mesmo xeito que a cebra común Equus quagga, o búfalo pode vivir nas herbas altas e grosas. As mandas de búfalos ao comer as herbas dan paso aos herbívoros máis selectivos. Os búfalos non quedan nas zonas pisadas ou empobrecidas por moito tempo.

Conservación Syncerus caffer caffer está catalogado como dependente de conservación pola UICN, a diferenza da especie do búfalo africano, este non está moi estendido, aínda que a súa poboación permanece sen cambios por longo prazo, que continúa existindo nun número considerable de parques nacionais, reservas equivalentes e zonas de caza controlada no sur e o leste de África. No pasado, os números de búfalos sufriron o seu colapso máis grave durante a epidemia de peste bovina da década de 1890, que, xunto con pleuroneumonía, causaron mortalidades tan altas como do 95% do gando e individuos silvestres. Os búfalos máis grandes son obxecto de valor como trofeos, aínda que nalgunhas zonas, os búfalos cázanse pola súa carne.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Animais descritos en 1779 Categoría:Bóvidos