O coproporfirinóxeno III é un intermediario metabólico na biosíntese de moitos compostos que son fundamentais para os organismos vivos, como os hemo da hemoglobina e a clorofila. É un sólido incoloro.

Este composto é un porfirinóxeno, unha clase de compostos caracterizados por ter un núcleo de hexahidroporfina con varias cadeas laterais. Os coproporfirinóxenos teñen os átomos de hidróxeno máis externos do seu núcleo substituídos por grupos metilo (M) e catro grupos de ácido propiónico (P). No coproporfirinóxeno III a orde arredor do anel externo é MP-MP-MP-PM. Como comparación, o seu isómero o coproporfirinóxeno I tenos na secuenia MP-MP-MP-MP.

Biosíntese e metabolismo

Na principal vía de biosíntese da porfirina, o coproporfirinóxeno III deriva do uroporfirinóxeno III pola acción do encima uroporfirinóxeno III descarboxilase: centro|480px|alt=Biosíntese de coproporfirinóxneo III a partir de uroporfirinóxeno III A conversión comprende catro descarboxilacións, que converten os catro grupos de ácido acético en grupos metilo , con liberación de catro moléculas de dióxido de carbono.

O coproporfirinóxeno III utilízase despois como substrato do encima coproporfirinóxeno III oxidase, que o oxida e descarboxila a protoporfirinóxeno IX.

Notas

Categoría:Tetrapirrois