O protoporfirinóxeno IX é un composto orgánico producido ao longo da síntese das porfirinas, unha clase de importantes compostos bioquímicos que inclúen o hemo da hemoglobina e a clorofila. É un precursor directo da protoporfirina IX.
O composto é un porfirinóxeno, o que significa que ten un núcleo non aromático de hexahidroporfina, que será oxidado a un núcleo de porfina nas últimas etapas da síntese do hemo.
Biosíntese O composto sintetízase na maioría dos organismos a partir do coproporfirinóxeno III polo encima coproporfirinóxeno oxidase:
480px|alt=Síntese do protoporfirinóxeno IX a partir de coproporfirinóxeno III.
O proceso comprende a conversión de dous dos catro grupos de ácido propiónico a grupos vinilo. No coproporfirinóxeno III, os substituíntes nos aneis de pirrol teñen a disposición MP-MP-MP-PM, onde M e P son metil e ácido propiónico, respectivamente. No protoporfirinóxeno IX, a secuencia pasa a ser MV-MV-MP-PM, onde V é vinilo.
Pola acción da protoporfirinóxeno oxidase, o protoporfirinóxeno IX convértese despois en protoporfirina IX, o primeiro tetrapirrol coloreado na biosíntese dos hemos.
Notas
Categoría:Tetrapirrois