María Inés Monteagudo Romero, nada en Esteiro (Muros) en 1965, é unha política galega do PPdeG.

Traxectoria Filla de José María Monteagudo Romaní. Técnica da Administración pública. Nas eleccións municipais de 2015 encabezou a candidatura do PPdeG en Muros e foi a lista máis votada, pero non conseguiu a alcaldía ó apoia-los socialistas á candidata de CxG. Foi deputada provincial de 2017 a 2019. Nas municipais de 2019 repetíronse os resultados das anteriores eleccións pero tanto PSOE coma CxG votaron polos seus candidatos, polo que foi elixida alcaldesa de Muros como cabeza da lista máis votadaInés Monteagudo recogió el bastón de mando en Muros como regidora «de todos». Nas municipais de 2023 mellorou resultados aínda que seguiu lonxe da maioría absoluta, polo que perdeu a alcaldía dado que o BNG e o PSdeG alcanzaron un acordo de goberno que fixo alcaldesa á nacionalista María Lago Lestón.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Muros

Ligazóns externas Inés Monteagudo: «Hay muchos problemas escondidos en los cajones». Entrevista en La Voz de Galicia

Categoría:Alcaldes de Muros Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Muros Categoría:Nados en 1965