Heroína é unha película de Gerardo Herrero, coprodución galega estreada en 2005 e baseada na historia e na figura de Carmen Avendaño, unha das nais fundadoras do movemento Érguete de loita contra a droga e o narcotráfico en Galicia.

Adriana Ozores, que foi nomeada ó Goya a mellor actriz protagonista por este papel, encabeza un elenco que se completa con multitude de caras coñecidas do panorama do audiovisual galego.

A película foi rodada en Galicia en escenarios reais da loita contra o narcotráfico, coma é o caso do Pazo Baión.

miniatura|Gerardo Herrero, no festival de Guadalaxara (México) en 2008.

Sinopse A acción está ambientada en Galicia nos anos oitenta. Pilar (Adriana Ozores) é unha muller normal que un día descobre que un fillo dela é adicto á heroína. Arredor de Pilar outros moitos pais estanse encontrando co mesmo problema. Cando comezan a reunirse, a incerteza vaise transformando nunha vontade firme de denunciar a impunidade do narcotráfico nas nosas vilas.

Véxase tamén Ligazóns externas Consello da Cultura Galega Ficha en Filmaffinity(en castelán) Ficha en Imdb.com (en inglés)

Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de 2005 Categoría:Filmes dirixidos por Gerardo Herrero Categoría:Filmes sobre drogas Categoría:Filmes ambientados en Galicia Categoría:Filmes rodados en Vigo Categoría:Filmes de 2005 con versión en galego