O DEFRA (Department for Environment, Food and Rural Affairs, Departamento de Medio Ambiente, Alimentación e Asuntos Rurais) é un departamento do Goberno do Reino Unido creado en xuño de 2001 responsable da protección ambiental, produción de alimentos e estándares, agricultura, pesca e comunidades rurais. Existen acordos de cooperación entre este departamento e o goberno escocés, goberno galés e o executivo de Irlanda do Norte, os cales teñen competencias para estas materias nas súas respectivas nacións.

O DEFRA tamén representa o Reino Unido en materias de agricultura, pesca e medio ambiente en negociacións internacionais sobre desenvolvemento sustentable e cambio climático, aínda que se creou tamén o novo Departamento de Enerxía e Cambio Climático en outubro de 2008 para asumir esa última responsabilidade; posteriormente transferida ao Departamento de Negocios, Enerxía e Estratexia Industial ao ser elixida Primeira Ministra Theresa May en xullo de 2016.

Responsabilidades O DEFRA é responsable da política do Goberno Británico nas seguintes áreas:

Adaptación ao queemento global Agricultura Calidade do aire Saúde animal e benestar animal Biodiversidade Conservación Substancias químicas e pesticidas Pesquerías Inundacións Alimentos Bosques Caza Vías acuáticas interiores Xestión da terra Política mariña Parques Nacionais Ruído Saúde das plantas Desenvolvemento rural Desenvolvemento sustentable Comercio e medio ambiente Xestión do lixo Xestión da auga

Algunhas das políticas aplícanse só a Inglaterra debido á devolución de competencias aos gobernos das outras nacións británicas, mentes que outras aplícanse a todo o Reino Unido.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Defra's official website Fera - Executive agency of DEFRA National Collection of Plant Pathogenic Bacteria - Fera English Nature's website JNCC's website Defra's wiki for formulating an environmental contract Air Quality Expert Group

Vídeos DEFRA YouTube channel

Categoría:Goberno do Reino Unido