Luis Martul Tobío, nado en Santiago de Compostela o 25 de marzo de 1949, é un profesor e escritor galego.

Traxectoria Fillo de Pedro Martul Rey e María Tobío. Doutor pola Universidade Complutense de Madrid coa tese La novela del mundo guaraní estructuras histórico-sociales dirixida por Benito Varela Jácome (1980). Profesor titular de Filoloxía Española e profesor de Literatura Hispanoamericana da Universidade de Santiago de Compostela. Foi fundador da editorial Noitarenga con Emilio Araúxo en 1995.

Obras La novela del mundo guaraní. Estructuras económico-sociales, 1985. Como tradutor Rapsodia polo teatro: breve tratado filosófico, de Alain Badiou. En colaboración con Emilio Araúxo. (Sotelo Blanco, 1994). Arredor da cuestión nacional, de Alain Badiou. En colaboración con Emilio Araúxo. (Noitarenga, 1995). A ética: ensaio sobra a conciencia do mal, de Alain Badiou. En colaboración con Emilio Araúxo. (Noitarenga, 1995). Mundo contemporáneo e desexo de filosofía, de Alain Badiou. En colaboración con Emilio Araúxo. (Noitarenga, 1995). Espectador e actor, de François Regnault. En colaboración con Emilio Araúxo. (Noitarenga, 1995). ABNM: diálogo Alain Badiou-Natacha Michel, de Natacha Michel. En colaboración con Emilio Araúxo. (Noitarenga, 1997). Samuel Beckett, o incansable desexo, de Alain Badiou. En colaboración con Emilio Araúxo. (Noitarenga, 1997). Vida persoal Casou en Buffalo con Kathleen March o 19 de abril de 1979; é pai de Kimberleigh Adriana Martul-March.Cronoloxía de Kathleen Nora March

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha no Portal de investigación da USC

Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1949 Categoría:Enciclopedistas de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes