Para os topónimos Vilamaior do Val de Brea (ou Vilamaior de Brea), ou Valibria (ou Vallibria) véxase o artigo Mondoñedo.

Vallibria foi un semanario literario de Mondoñedo fundado por Xosé Trapero Pardo en 1930 e que apareceu ata 1940.

Descrición Contou como colaboradores con xente como o crego Celestino Cabarcos, José Rodríguez Fernández, Raimundo Aguiar, Eduardo Lence-Santar, Aquilino Iglesia Alvariño, Antonio Noriega Varela, Xosé Díaz Jácome, Francisco Fernández del Riego e Álvaro Cunqueiro.

Vallibria foi a primeira publicación onde escribiu Cunqueiro e onde apareceu un texto literario en galego en Galicia durante a Guerra civil española, o 25 de xullo de 1936. Durante toda a contenda continuaron a aparecer nela textos galegos inseridos, as máis das veces, nun ton de exaltación do bando franquista.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Lugo

Categoría:Prensa escrita de Mondoñedo Categoría:1930 en Galicia