miniatura|180px| 55px 70px O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972. O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural. Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Mauritania, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Mauritania ratificou a convención o 2 de marzo de 1981, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.
Lista de lugares Patrimonio da Humanidade Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade Rexión: de Mauritania Ano da inclusión: na lista da UNESCO Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (I) a (VI) son culturais, mentres que de (VII) a (X) son naturais.
Nº Nome Imaxe Localización Ano da inclusión 01Parque Nacional do Banco de Arguin200px|Rexión de Dakhlet Nouadhibou 1989 506; IX, X (natural)02Antigos ksar de Ouadane, Chinguetti, Tichitt e Oualata200px|Rexión de Tillabéri 1996 750; III, IV, V (cultural)
Lista provisional Ademais dos sitios inscritos na Lista do Patrimonio Mundial, os estados membros poden manter unha lista de sitios provisional que poden considerar para a súa candidatura. As candidaturas para a Lista do Patrimonio Mundial só se aceptan se o sitio xa figuraba previamente na lista provisional. En 2023, Mauritania incluíu tres bens na súa lista provisional.
+ Sitios provisionais Sitio Imaxe Localización (rexión) Ano de inclusión Criterios da UNESCO DescriciónPaisaxe cultural de Azougui150pxRexión de Adrar2001 III, IV, V, VI (cultural)Sitio arqueolóxico de Kumbi Saleh150pxRexión de Hodh Ech Chargui2001 III, IV, V, VI (cultural)Sitio arqueolóxico de Tegdaoust150pxRexión de Hodh El Gharbi2001 III, V (cultural)
Notas
Véxase tamén Outros artigos Patrimonio da Humanidade por país