Javier Ángel Encinas Bardem, máis coñecido simplemente como Javier Bardem, nado en Las Palmas de Gran Canaria o 1 de marzo de 1969, é un dos actores españois de cinema máis internacionais. No ano 2000 converteuse no primeiro actor español nomeado a un Oscar polo seu papel en Antes que anochezca e en 2008 no primeiro en gañalo na categoría de mellor actor secundario por Non é un país para vellos.
Traxectoria Orixe e formación Bardem provén dunha familia de actores: os seus avós, Rafael Bardem e Matilde Muñoz Sampedro, a súa nai, Pilar Bardem, os seus irmáns, Mónica e Carlos, e ademais é sobriño do finado director de cine Juan Antonio Bardem. O seu curmán Miguel tamén é director de cine. É o membro da familia que acadou un maior recoñecemento a nivel internacional
Entre as distintas actividades que realizou inclúese o xogar na Selección Española de Rugbi e estudar pintura na Escola de Artes e Oficios. Tras isto, decidiu dedicarse ó cine.
Cinema Con 11 anos fixo un pequeno papel en El poderoso influjo de la luna de Antonio del Real que protagonizaba a súa nai Pilar.
Gañou o Fotogramas de Plata ó Mellor Actor en 1994 por Huevos de Oro. Ese mesmo ano obtivo o Premio ó Mellor Actor no Festival de Cine de Donostia por Días contados e El detective y la muerte, ademais do Premio Fernando Rey á Mellor Interpretación por Días contados.
En 1995 por esta mesma película, conseguiu o Goya ó Mellor Intérprete Masculino Secundario e o Premio da Actores ó Mellor Actor, ademais do Fotogramas de Plata por Boca a boca. Esta película deulle o seu primeiro Goya á Mellor interpretación masculina protagonista en 1996.
Despois de conseguir en decembro de 1997 o Premio do Público ó Mellor Actor na Gala da Academia do Cine Europeo, en xaneiro de 1998 competiu polo Goya á Mellor Interpretación Masculina, por Carne trémula.
En 2000 gañou a Copa Volpi no Festival de Cine de Venecia, pola película Antes que anochezca (Before Night Falls), que representa a súa consagración internacional. Por esta mesma película na que interpretaba a Reinaldo Arenas, foi nomeado no ano seguinte ao Oscar ó mellor actor, sendo o primeiro actor español nomeado a ese premio. A súa fama aumentou notablemente tanto dentro como fóra de España a raíz deste papel.
En 2003 obtén o premio Goya á mellor interpretación masculina protagonista polo seu papel en Os luns ó sol. Na cerimonia de entrega dese premio manifestouse, igual que outros moitos compañeiros de profesión que luciron adhesivos e insignias, contra a guerra e a invasión de Irak por parte de EEUU co apoio do goberno español.
En 2004 conseguiu novamente a Copa Volpi no Festival de Cine de Venecia, esta vez polo seu papel de Ramón Sampedro en Mar adentro, polo que tamén repetiu no Goya ó mellor actor. Esta película reafirmouno coma un dos mellores actores do panorama español.
No ano 2008 gañou o Globo de ouro ao mellor actor secundario polo seu papel de Anton Chigurh no filme dos irmáns Coen Non é un país para vellos. Por este mesmo papel gañou tamén o BAFTA e finalmente o Oscar ao Mellor actor secundario, sendo o primeiro español en logralo.
En 2010 foi nomeado ao Óscar ao Mellor actor polo seu traballo no filme de Alejandro González Iñárritu, Biutiful. Tamén gañou o Premio Goya á mellor interpretación masculina protagonista por ese filme.
Filmografía Ano Película Director 2010 Biutiful Alejandro González Iñárritu 2008 Vicky Cristina Barcelona Woody Allen 2007 Love in the Time of Cholera Mike Newell 2007 Non é un país para vellos Joel e Ethan Coen 2006 Amar en tiempos de cólera Mike Newell 2006 Os fantasmas de Goya Milos Forman 2006 The last face Erin Dignam 2006 Guerrilla Steven Soderbegh 2004 Mar Adentro Alejandro Amenábar 2004 Collateral Michael Mann 2002 Los lunes al sol Fernando León de Aranoa 2002 Pasos de Baile John Malkovich 2001 Sin noticias de Dios(**) Agustín Díaz Yanes 2000 Antes que anochezca Julian Schnabel 1999 Segunda piel Gerardo Vera 1999 Los lobos de Washington Mariano Barroso 1999 Entre las piernas Manuel Gómez Pereira 1998 Torrente, el brazo tonto de la ley Santiago Segura 1997 Perdita Durango Álex de la Iglesia 1997 Carne Trémula Pedro Almodóvar 1996 Más que amor, frenesí Bardem, Albacete e Menkes 1996 Éxtasis Mariano Barroso 1996 Airbag Juanma Bajo Ulloa 1996 El amor perjudica seriamente a la salud(**) Manuel Gómez Pereira 1995 Boca a boca Manuel Gómez Pereira 1995 La madre curto Miguel Bardem 1994 El detective y la muerte Miguel Bardem 1994 Días Contados Imanol Uribe 1994 Pronóstico reservado(**) Antonio Mollà 1994 La teta y la luna Bigas Luna 1993 El amante bilingüe Vicente Arnada 1993 Huevos de oro Bigas Luna 1992 Huidos Sancho Gracia 1992 Jamón, jamón Bigas Luna 1991 Tacones lejanos Pedro Almodóvar 1991 Amo tu cama rica Emilio Martínez Lázaro 1990 Las edades de Lulú Bigas Luna 1980 El poderoso influjo de la luna(**) Antonio del Real (**) Realiza pequenos papeis, aparición esporádica
Premios Óscars Ano Categoría Película Resultado2000Óscar ao mellor actorAntes que anochezcaCandidato2008Óscar ao mellor actorNo Country for Old MenGañador
Globos de Ouro Ano Categoría Filme Resultado2004Globo de Ouro ó mellor actor - DramaMar adentroCandidato2000Globo de Ouro ó mellor actor - DramaAntes que anochezcaCandidato
Golden Satellites Ano Categoría Filme Resultado2004Mellor actorMar adentroCandidato
Festival Internacional de Cine de Venecia Ano Categoría Filme Resultado2004Copa Volpi ó mellor actorMar adentroGañador2000Copa Volpi ó mellor actorAntes que anochezcaGañador
Festival Internacional de Cine de Donostia Ano Categoría Película Resultado1995Cuncha de Prata ó mellor actorEl detective y la muerteGañador
Independence Spirit Ano Categoría Película Resultado2000Mellor actorAntes que anochezcaGañador Unión de Actores Ano Categoría Película Resultado2004Mellor actor protagonista de cineMar adentroGañador2002Mellor actor protagonista de cineLos lunes al solGañador1997Mellor actor protagonista de cinePerdita DurangoCandidato1996Mellor actor protagonista de cineÉxtasisCandidato1994Mellor intérprete secundario de cineDías contadosGañador Premios Goya Ano Categoría Película Resultado2010Goya ó mellor actorBiutifulGañador2004Goya ó mellor actorMar adentroGañador2002Goya ó mellor actorLos lunes al solGañador1997Goya ó mellor actorPerdita DurangoCandidato1995Goya ó mellor actorBoca a bocaGañador1994Goya ó mellor actor secundarioDías contadosGañador1993Goya ó mellor actorHuevos de oroCandidato1992Goya ó mellor actorJamón, jamónCandidato
Fotogramas de Prata Ano Categoría Película Resultado2004Mellor actor de cineMar adentroGañador2002Mellor actor de cineOs luns ao solGañador2000Mellor actor de cineSegunda pielGañador1997Mellor actor de cineCarne trémulaPerdita DurangoGañador1996Mellor actor de cineÉxtasisCandidato1995Mellor actor de cineBoca a bocaGañador1994Mellor actor de cineDías contadosEl detective y la muerteCandidato1993Mellor actor de cineHuevos de oroGañador1992Mellor actor de cineJamón, jamónCandidato
Véxase tamén
Categoría:Actores de España Categoría:Nados en 1969 Categoría:Nados nas Palmas de Gran Canaria Categoría:Paseo da Fama de Hollywood