Herminia Fariña Cobián, nada en Santiago de Compostela o 4 de abril de 1904 e finada en Simes (Meaño) o 16 de outubro de 1967El Pueblo Gallego, 17-10-1967, p. 14., foi unha poeta e dramaturga galega.

Traxectoria Filla de José Fariña González, militar, e Regina Cobián Tejo, viviu a infancia en diferentes cidades pola profesión do pai. Aos dez anos trasládase a Simes, Meaño, á casa da avoa materna, onde comeza a desenvolver a súa vocación literaria.

Os seus versos apareceron nas revistas Vida Gallega, da que foi asidua colaboradora, e Gloria Femenina. O seu primeiro libro foi Cadencias, un poemario en castelán publicado en Pontevedra en 1922. En 1924 publicou Seara, con poemas en galego.

Tamén publicou en galego o poema dramático Margarida a malfadada e a peza cómica O soldado froita e outros diálogos e monólogos. Margarida a malfadada, xunto coa comedia en castelán La marquesa de Miraflores, foron estreadas no Teatro Principal de Santiago o 23 de marzo de 1927.El Orzán, 23-3-1927, p. 1.

Colaborou en La Temporada en Mondariz e publicou nesa vila Pétalos líricos en 1927. Foi elixida membro correspondente da Real Academia Galega en 1925.

Marchou a Buenos Aires, onde colaborou en publicacións como Céltiga, La Razón ou El Mundo de Montevideo. Tamén publicou alí Bajo el cielo porteño (1930) e Hosanna (1931)Vida Gallega, 30-6-1931, p. 8..

Regresou a Galicia en xaneiro de 1932Vida Gallega, 10-2-1932, p. 8. e escribiu unha zarzuela en tres actos e un cadro, O avarento, con música de José Jané. Foi vivir co pai, destinado en Calatayud, onde fundou e dirixiu a revista Fortaleza dende febreiro de 1935El Avisador Numantino, 13-2-1935, p. 3.. A finais de 1935 malvivía en Madrid, e mesmo se chegou a solicitar colaboración popular para aliviar a súa situación."¡Humanidad! Gallegos en pie", El Progreso, 29-12-1935, p. 1. miniatura|Nos seus anos mozos.

En 1937 publicou ¡Por España y para España! (El libro del combatiente), con 14 poemas de exaltación relixiosa e franquista, dez deles en castelán e catro en galego. O libro foi utilizado como propaganda polo bando sublevadoEl Pueblo Gallego, 20-6-1937, p. 9.. Ante o goberno franquista de Burgos publicitábase como orfa de pai, "asasinado polo bando republicano".

Colaborou en La Noche, Sonata Gallega e Ciudad. En 1950, con motivo das festas de Vigo, publicou o folleto Cantiga serea con tres poemas.La Noche, 26-8-1950, p. 6.

A principios da década de 1960 instalouse definitivamente en Simes, Meaño, onde morreu o 16 de outubro de 1966.

Vida persoal Casou con Eduardo del Río en xullo de 1922La Integridad, 1-8-1922, p. 2.. Ao enviuvar del, casou con Pedro Fontenla Camiña o 7 de xuño de 1930 en Buenos Aires.El Progreso, 12-7-1930, p. 2.Vida Gallega, 10-8-1930, p. 39. Novamente viúva, casou por terceira vez con Isaac Sánchez Alonso en Madrid en 1939.

Era irmá do médico e político Ramón Fariña Cobián.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Dª Herminia Fariña: a poetisa do Salnés

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Dramaturgos de Galicia Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1967 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Poetas en lingua castelá Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Actores de teatro de Galicia