María Soledad García Riveiro, nada en Vigo o 30 de novembro de 1976, é unha escritora e ilustradora galega cunha obra caracterizada polo seu compromiso na defensa do idioma galego , da protección do medio ambiente e do patrimonio da comarca do Val Miñor e de Vigo. Autora de 28 obras dentro do proxecto de difusión e prestixio do galego Emocionaria Arte e Literatura, ás que se suman 22 publicacións colectivas en distintas editoriais, revistas e iniciativas culturais.
Traxectoria De 2021 a 2023 publicou seis libros infanto-xuvenís dentro do proxecto "Garatuxas do Val Miñor". Un deses libros, Un paseo por Baiona, foi traducido ao inglés e presentado na Feira Internacional Börse de Berlín o 7 de marzo de 2023 para defender os garranos da Serra da Groba en Europa baixo o título A walk in Baiona. En abril de 2023 publicou o libro Un paseo por Gondomar, musicalizado en xuño de 2023.
En 2022 gañou o 3º premio no XI Certame de Poesía Leiras Pulpeiro de Mondoñedo e os 1ºs premios no III Certame de Relato Curto O Enxeño Engaiolado de Baiona, no XIX Certame de Relato Curto de Mugardos e no XIX Certame de Poesía Anomar. En maio de 2023 gañou o XXIII Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López de Lugo na súa modalidade de poesía. En xuño de 2023 o VIII Certame de Poesía en Lingua Galega Manuel María de Guipúscoa, reseñado por Antonio García Teijeiro.
En outubro de 2023 saíu a luz URCO unha historia reciclada, un álbum ilustrado baseado en materiais reciclados para a campaña de concienciación sobre o abandono e a adopción responsable de animais en Vigo. En xaneiro de 2024 acadou o 1º premio no XLVIII Certame de Poesía sobre o Nadal nun conmovedor chamado á resiliencia, abordando con sensibilidade a situación do pobo de Palestina. En febreiro de 2024 visibilizou o impacto medioambiental dos granulados de plástico co poema ilustrado A serea e o home plástico. En maio, o Día das Letras Galegas, homenaxeou en Gondomar a Luísa Villalta cun recital poético e venceu nos Certames Literarios Xaime Illa Couto e Verbas Novas.
No Día Mundial do Medio Ambiente subraiou a importancia de protexer ás abellas motivando aos máis pequenos co audiolibro Versos e abellas para salvar o planeta. En xuño de 2024 gañou o 2º premio Exeria con Unha aldea de Luz e o 4 de outubro de 2024 protexeu os dereitos dos animais coa obra Zoo Libre no Museo de Arte Contemporánea de Vigo e publicouse a segunda edición de URCO unha historia reciclada . En novembro de 2024, entrelazou a fantasía e os valores do Nadal cos cambios históricos e culturais da cidade de Vigo na obra Un paseo polo Nadal de Vigo. En marzo de 2025 gañou o III Certame Ollo con Nigrán coa fotografía literaria Non quero que se perda nunha homenaxe ao esteiro do Miñor e ao escritor e profesor Bernardino Graña.
En maio e xuño de 2025 acadou cinco premios literarios cunha escrita comprometida que dá voz aos silenciados: a crise migratoria, a defensa do ensino, os nenos roubados e a vulneración de dereitos. En decembro de 2025 publicou a postal solidaria Barco do Nadal das e dos guerreiros, , a terceira edición de URCO unha historia reciclada e as obras Misión para unha formiga e o Caderno de Actividades VIGO Planeta, que acompañan a transformación do antigo zoo de Vigo no centro de divulgación ambiental VigoNature. En febreiro de 2026 publica O barco do Nadal, un libro solidario para apoiar ás nenas e nenos con enfermidades oncolóxicas ou raras. En marzo de 2026 publicou A órbita de Briana, un vídeolibropoema sobre a enfermidade mental nas personas novas. No primeiro semestre de 2026 acadou seis premios literarios e publicou AFOUTEZA, unha colectánea de obras galardoadas nos últimos anos.
Obra
Antoloxía
AFOUTEZA, 2026, 276 páxs. PI: 03/2026/1023, Emocionaria.
Banda deseñada
O soño de SEDNA, 2025, 16 páxs. PI: 03/2026/305, Emocionaria . [Audiocómic]
Divulgación
DUNES, 2026, 44 páxs., PI: 03/2026/1378, Emocionaria. [Audiolibro] A árbore dos chupetes, 2026, 20 páxs. PI: 03/2026/785, Emocionaria. [Audiolibro] Caderno d. e Actividades Vigo Planeta, 2025, 40 páxs, PI: 03/2025/1770, Emocionaria. SON XENA ADÓPTASME?, 2025, 24 páxs. PI: 03/2025/566, Emocionaria. [Audiovídeolibro] VERSES AND BEES to save the planet, 2025, 12 páxs. PI: 03/2024/948, Emocionaria. [Audiolibro] Un paseo polo Nadal de Vigo, 2024 (poearte). PI: 03/2023/1334, Emocionaria. [Audiolibro] Herbario do solsticio de verán, 2024. 2ª Edición 2025 , 14 páxs. PI: 03/2025/28, Emocionaria.
Infanto-xuvenil
Unha historia diferente do parrulo feo, 2026, 22 páxs. PI: 03/2025/563, Emocionaria. [Audiolibro] A órbita de Briana, 2026, 32 páx. PI: 03/2026/19, Emocionaria. [Audiovídeolibro] O Barco do Nadal, 2026, 52 páx. PI: 03/2026/132, Emocionaria. [Audiolibro] CARLA a golfiño cachalote, 2026, 44 páx. PI: 03/2023/1582 e 03/2025/1313, Emocionaria. [Audiolibro] Misión para unha formiga, 2025, 40 páxs,. PI: 03/2023/1583, Emocionaria. LOST, 2025, 40 páxs. PI: 03/2022/459, 03/2025/565 e 03/2025/1566, Emocionaria. [Audiovídeolibro] ZOO LIBRE, 2024, 14 páxs, PI: 03/2020/513 e 03/2025/124, Emocionaria. [Audiolibro] VERSOS E ABELLAS para salvar o planeta, 2024, 12 páxs., PI: 03/2024/948, Emocionaria. [Audiolibro] URCO unha historia reciclada, 2023, 40 páxs. , 2ª Edición 2024, 3ª Edición 2025 , PI: 03/2023/579 e 03/2023/1092 SAMAGOSTIN, 2022, 36 páxs., PI: 03/2020/513.2) , Emocionaria. DEDAS, 2022, 64 páxs., PI: 03/2020/513.1), Emocionaria.
Libros con rutas
Un paseo por Gondomar, 2023, 108 páxs., PI: 03/2023/186, Emocionaria. A walk in Baiona, 2023, 82 páxs., PI: 03/2022/292, Emocionaria. Un paseo por Baiona, 2022, 82 páxs., PI: 03/2022/292, Emocionaria. Un paseo por Nigrán, 2022, 48 páxs., PI: 03/2021/1608, Emocionaria.
Multimedia
Postal literaria Sorrí, Emocionaria. Postal solidaria Barco do Nadal das e dos guerreiros, PI: 03/2026/132, Emocionaria. Postal solidaria LOST, PI: 03/2025/459 e 03/2025/569, Emocionaria. Postal literaria Non quero que se perda, Emocionaria. . Pasaporte musical Perséfone, 2025, PI: 03/2025/100, Emocionaria.
Poesía
APOSIOPESE, 3º premio XI Certame de Poesía Leiras Pulpeiro de Mondoñedo, 2024, PI: 03/2023/164, Emocionaria. O camiño de Perséfone, 1º premio VIII Certame de Poesía en Lingua galega Manuel María de Gipuzcoa, 2023, PI: 03/2023/884 (poearte, edición limitada). POEMARCOVIDA, imaxes de palabra e vida, 2022 (poearte, edición limitada), PI: 03/2022/187, Emocionaria.
Poesía (obra colectiva)
Artesa de voz, 1º premio I Concurso de poesía "Seroagna": a escola sen acoso, 2026. Henko, 3º premio VIII Certame de Debuxo e Creación Literaria Avelino Díaz, 2025. Cutis mea denigrata est super me et ossa mea aruerunt prae caumat, Mención de Honra XXX Certame Literario Manuel-Oreste Rodríguez López de Paradela, 2025. Non quero que se perda, 2025, 1º premio III Certame Fotografía e Video Literario Ollo con Nigrán, 2025, Emocionaria. APOSIOPESE, 3º premio XI Certame de Poesía Leiras Pulpeiro de Mondoñedo, 2024, PI: 03/2023/164, Emocionaria. Bethléem, 1º premio XLVIII Certame Nacional de Poesía sobre o Nadal, 2024. Anatomía dun remuíño de aire. Haikus VII (obra colectiva), 2024. A serea e o home plástico, 2024. As palabras son cinzas por soprar, 1º premio XXVIII Certame Literario Manuel-Oreste Rodríguez López, 2023. No corazón da mamá medran todos os aloumiños, Calembur de sons. Tes cinco minutos #2 (obra colectiva), 2022, Editorial Galaxia. Salvavidas. Tes cinco minutos #1 (obra colectiva), 2021, Editorial Galaxia. Lares do Val Miñor (escolma), 2019, Revista do Instituto de Estudos Miñoráns. Mil bandeiras para España, 2º premio I Slam Semana Poética Victoriano Taibo, 2018. 456 cm de olladas compartidas, 2018, Baldo Ramos (obra colectiva, poesía visual, edición limitada).
Poesía visual
PUEOSÍA unha viaxe de ideas, cores e reflexións, 2025 (poearte), Emocionaria.
Narrativa (obra colectiva)
Rockwell Mazos de auga, 1º premio IX Certame de debuxo e creación literaria Avelino Díaz, 2026. Proisurus, 1º premio XXIX Certame Literario de Piñor de Narracions Breves, 2026. Lampantasma, 2º premio II Concurso de Relato Curto do Concello do Rosal, 2026. Operación Macaco (obra colectiva) , 2025, Editorial Elvira. Ubuntu, 2º premio VIII Certame de Debuxo e Creación Literaria Avelino Díaz, 2025. Ensino público, 2º premio Mellor Sección de Opinión X Proxecto Faro da Escola de Faro de Vigo (obra colectiva), 2025. Tindouf [ⵜⵉⵏⴷⵓⴼ], mención de Honra Concurso Literario e Artístico As cousas de Castelao, 2025. Carballo (obra colectiva), 2024, Editorial Kalandraka. Non xogues aí, que te mancharás de piche! (obra colectiva), 2022, Editorial Elvira. Haberán de construír un cemiterio nas Illas, algún día! (obra colectiva), 2021, Editorial Elvira. De Titanio e Nácara (obra colectiva), 2019, Editorial Kalandraka.
Premios e recoñecementos I Slam Semana Poética Victoriano Taibo, 2018, 2º premio por Mil bandeiras para España. II Certame Literario Microrrelato Aliteraclara, 2019, 1º premio por Crisálida. XIX Certame de Poesía Anomar dos Tilos, 2022, 1º premio por Vivaldi de Haikus. XIX Certame de Relato Curto de Mugardos, 2022, 1º premio por Haberán de construír un cemiterio nas Illas algún día. XI Certame de Poesía Leiras Pulpeiro de Mondoñedo, 2022, 3º premio por Aposiopese. III Certame de Relato Curto O enxeño engaiolado de Baiona, 2022, 1º premio por Nunha vila caben todos os ventos. XXVIII Certame Literario Manuel-Oreste Rodríguez López de Paradela, 2023, 1º premio por As palabras son cinzas por soprar. VIII Certame de Poesía en Lingua galega Manuel María de Gipuzcoa, 2023, 1º premio por O camiño de Perséfone. XLVIII Certame Nacional de Poesía sobre o Nadal, 2024, 1º premio por Bethléem. II Certame Videoliterario Ollo con Nigrán, 2024, 1o accésit por Nigrán, o corazón de todas as paisaxes. XXXII Certame Literario Xaime Illa Couto, 2024, 1º premio por MAI · Muller Amadora Ígnea. VIII Certame Literario Verbas Novas, 2024, 1º premio por Centón Villaltiano. X Certame de Relato Curto FANPA, 2024, finalista por Carballo. IV Certame Exeria de Relato Curto do Ateneo Atlántico e a Fundación Xoán Piñeiro, 2024, 2º premio por Unha aldea de luz. III Certame Fotografía e Video Literario Ollo con Nigrán, 2025, 1º premio por Non quero que se perda. I Concurso Literario e Artístico As cousas de Castelao, 2025, Mención de Honra por Tindouf [ⵜⵉⵏⴷⵓⴼ]. XXX Certame Literario Manuel-Oreste Rodríguez López de Paradela, 2025, Mención de Honra por Cutis mea denigrata est super me et ossa mea aruerunt prae caumat. X Proxecto Faro da Escola de Faro de Vigo, 2025, 2º premio Mellor Sección de Opinión por Ensino Público. VIII Certame de Debuxo e Creación Literaria Avelino Díaz, 2025, 3º premio de Poesía por Henko. VIII Certame de Debuxo e Creación Literaria Avelino Díaz, 2025, 2º premio de Relato por Ubuntu. XII Certame de Relatos Vigo Histórico, 2025, finalista por Operación Macaco. II Certame audiovisual sobre o Nadal, 2026, 2º premio por O Belén de Begonte. II Concurso de Relato Curto do Concello do Rosal, 2026, 2º premio por Lampantasma. X Certame Literario de poesía Verbas Novas, 2026, 1º premio por Val de mil cores I Concurso de poesía "Seroagna": a escola sen acoso, 2026, 1º premio por Artesa de voz X Certame Literario de relato curto Verbas Novas, 2026, 1º premio por O torque de Mañufe. XXIX Certame Literario de Piñor de Narracions Breves, 1º premio por Proisurus. IX Certame de debuxo e creación literaria Avelino Díaz, 1º premio por Rockwell Mazos de auga.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha da autora na AELG Ficha da autora en Galegos
Categoría:Nados en 1976 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes