Kolibri ou Kolibri 2000 foi un satélite artificial ruso lanzado o 26 de novembro de 2001 mediante un foguete Soiuz FG xunto ao cargueiro Progress M1-7 desde o Cosmódromo de Baikonur.
Características Kolibri era un satélite con fins educativos resultado da cooperación entre Rusia e Australia e de tan só 20,5 kg de masa. Ía acaroado ao cargueiro Progress M1-7, desde o que foi exectado na súa volta á Terra, o 26 de novembro de 2001. Kolibri quedou nunha órbita de 385 x 388 km e cunha inclinación orbital de 51,6°. Foi deseñado pola Oficina de Deseño Especial do Instituto de Investigación Espacial (IKI polas súas siglas en ruso) da Academia Rusa de Ciencias. O satélite usaba frecuencias de radioafeccionado, 145 MHz para comunicacións e 435 MHz para telemetría, coas que se comunicaba e enviaba datos a terra coa participación de varias institucións educativas en Obninsk (Rusia) e Sydney (Australia). Levaba a bordo un magnetómetro de porta de fluxo e un analizador de partículas e campo eléctrico. Kolibri tiña unha altura de 1,25 m e un diámetro de 0,5 m, cun mastro de 2 m para establizarse mediante gradente gravitatorio. Levaba tamén catro paneis solares para producir ata 30 W de potencia. Reentrou na atmosfera o 4 de maio de 2002.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Soiuz FG
Categoría:Satélites artificiais