Cameron Jordan Johnson, nado o 3 de marzo de 1996 en Moon Township, Pensilvania, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga nos Brooklyn Nets da National Basketball Association (NBA). Con 1,98 metros de estatura xoga nas posicións de ala e ala-pivote.

Traxectoria profesional O 20 de xuño de 2019, Johnson foi seleccionado polos Minnesota Timberwolves na 11ª posición do Draft da NBA de 2019, pero pouco despois foi traspasado ós Phoenix Suns xunto a Dario Šarić a cambio de Jarrett Culver. O 6 de xullo de 2019, Johnson asinou cos Suns. Debutou na NBA o 26 de outubro de 2019 na vitoria dos Suns por 130–122 contra os Los Angeles Clippers.

O 9 de febreiro de 2023, os Suns traspasaron a Johnson ós Brooklyn Nets xunto a Mikal Bridges, Jae Crowder e catro eleccións da primeira rolda do Draft, a cambio de Kevin Durant e T. J. Warren.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en BasketballReference.com

Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados no condado de Allegheny, Pensilvania Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets