alt=Paseo dos Soños. Hectómetro adicado a Helena Villar e Xesús Rábade|miniatura|Hectómetro adicado a Helena Villar e Xesús Rábade. O Paseo dos Soños é unha zona do paseo fluvial de Vilalba, á beira do río Madanela.
Hectómetros literarios Desde o 2006 cada ano colócase nel un fito conmemorativo do labor de chairegos destacados, coa denominación de 'Hectómetro literario'. A Irmandade Manuel María e a Asociación Xermolos, en colaboración co Concello de Vilalba, levan a cabo a organización.
A adicación de cada hectómetro leva consigo un pequeno encontro arredor da obra da persoa ou persoas homenaxeadas no muíño do Rañego, paseo da comitiva acompañada de xeito musical ata o lugar do novo fito, e a adicación en si.
Paco Martín (Francisco Martín Iglesias) (2006) Manuel María Fernández Teixeiro (2007) Agustín Fernández Paz (2008) Xabier P. DoCampo (Francisco Xavier Puente Docampo) (2009) Darío Xohán Cabana (2010) Xosé Manuel Carballo Ferreiro (2011) Margarita Ledo Andión (2012) Xesús Rábade Paredes e Helena Villar Janeiro (2013)alt=Paseo dos Soños. Hectómetro Ramón Chao|miniatura|Hectómetro Ramón Chao. Xosé Chao Rego (2014) Ramón Luis Chao Rego (2015) Xulio Xiz (Julio Modesto Giz Ramil) (2016) Mini e Mero (2017) Alfonso Blanco Torrado (2019) Miguel Anxo Fernán-Vello (2020) Víctor Corral (2021) Sonia Villapol Salgado (2022) Irmáns Coira (Pepe, Carlos e Jorge) (2023)
Galería de imaxes
Notas
Categoría:Vilalba Categoría:Parques de España