LDREX, acrónimo de Large-scale Deployable Reflector EXperiment, foi o nome de dous satélites artificiais xaponeses adicados á proba de novas tecnoloxías relacionadas cos satélites de comunicacións.
Características Os dous satélites LDREX adicáronse a probar un modelo a escala de antena despregable a usar á súa vez no satélite de comunicacións experimental ETS 8. Fixeron tamén varios experimentos sobre problemas formulados na futura misión de ETS 8. Os dous satélites LDREX foron construídos por NEC Toshiba Space Systems para a axencia xaponesa NASDA e tiñan unha masa total duns 180 kg. Ambos foron lanzados mediante foguetes Ariane 5, LDREX 1 o 20 de decembro de 2000 e posteriormente, tras fallar o mecanismo de despregue de LDREX 1, LDREX 2 o 13 de outubro de 2006, que cumpriu a súa misión con éxito.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Ariane 5
Categoría:Satélites artificiais