Alexander Teixeira de Mattos, nado en Ámsterdam, Países Baixos, o 9 de abril de 1865 e finado en St. Ives, Cornualla, o 5 de decembro de 1921, foi un xornalista e tradutor holandés que se fixo coñecido no mundo angloparlante como tradutor de obras literarias do francés e do neerlandés. As súas traducións eran de boa calidade e aínda están sendo reimpresas.

Vida e traballo A súa xenealoxía remóntase a xudeus portugueses que fuxiron do Santo Oficio. A súa familia xudeu-holandesa emigrou a Gran Bretaña en 1874.

Teixeira traduciu, entre outros a Émile Zola, Maurice Maeterlinck, Alexis de Tocqueville, Gaston Leroux e Louis Couperus.

Criouse en Inglaterra a partir de 1874 e casou en 1900 con Lily Wilde, viúva de Willie Wilde, irmán de Oscar Wilde; polo seu matrimonio converteuse no padrasto de Dolly Wilde, coñecida pola súa relación con Natalie Clifford Barney (1876-1972). Durante a Primeira guerra mundial, dirixiu un Departamento de Intelixencia Comercial de Guerra.

Foi naturalizado como cidadán holandés o 8 de decembro de 1908.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Stephen McKenna, Tex. A chapter in the life of Alexander Teixeira de Mattos. Londres, 1922 R. Breugelmans, Louis Couperus in dem vreemde. Leiden, 2008 ² [contén dez cartas de Teixeira de Mattos a Louis Couperus]

Ligazón externa

Alexander Teixeira de Mattos no Proxecto Gutenberg

Categoría:Tradutores dos Países Baixos