María Cegarra Salcedo, nada en La Unión (Murcia) o 28 de novembro de 1899 e finada en Murcia o 26 de marzo de 1993, foi unha poeta española, ademais da primeira muller perito químico.
Traxectoria Entre 1921 e 1924 exerceu como axudante técnico no laboratorio de análise industrial da viúva de Francisco Munuera. Logo, dende finais dos anos vinte e durante varias décadas, estivo á fronte do seu propio laboratorio de análises químicas, orientado á explotación mineira, na casa familiar.
O 7 de maio de 1928 obtivo o título de Perito Químico na Escola Politécnica Superior de Alcoi (EPSA).
Tras a morte do seu irmán Andrés en 1928, dedicouse á poesía. Grazas a el coñecera a Carmen Conde, con quen tivo unha longa e fonda amizade recollida nunha correspondencia. Participou nas actividades realizadas na Universidade Popular que Conde e Antonio Oliver fundaron nesa cidade. Tamén fixo amizade co xornalista Raimundo de los Reyes e cos poetas Miguel Hernández e Ramón Sijé. Con Hernández mantivo unha estreita relación.
En 1946 obtén a licenciatura en Ciencias Químicas pola Universidade de Murcia. Ademais, Cegarra exerceu corenta anos de docencia en diferentes colexios de Cartaxena, así como noutros centros entre eles a Escola de Peritos Industriais.
Obra
Cristales míos, 1935. Desvarío y fórmulas, 1978. Poesía completa, 1986. Poemas para un silencio, 1999. Cada día conmigo, 1986. Poemas para un silencio, 1999.
alt=Mural de María Cegarra en el proyecto Huellas de Mujer, por la artista Clara Ledo.|miniatura| Mural de María Cegarra no proxecto Huellas de Mujer, da artista Clara Ledo.
Notas
Categoría:Escritores da Rexión de Murcia
Categoría:Químicos de España Categoría:Nados en 1899 Categoría:Nados na Rexión de Murcia Categoría:Finados en 1993 Categoría:Alumnos da Universidade de Murcia Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Poetas de España