Esta páxina ofrece unha lista das principais divisións por continente e rexión. Os nomes dos períodos arqueolóxicos varían enormemente de rexión a rexión. Tamén a datación varía considerabelmente e as datas que se dan son aproximacións bastas sobre áreas moi amplas.

O sistema das tres idades tivo tanto éxito que se ten empregado en moitas áreas. Describe os períodos prehistóricos identificados pola fabricación e uso de ferramentas: Idade da Pedra, Idade de Bronce e Idade de Ferro. Dado que estas idades se distinguen polo desenvolvemento da tecnoloxía, resulta natural que as datas ás que se refiren varíen nas diferentes partes do mundo. En moitas rexións xa non se emprega o termo Idade da Pedra, xa que se ten substituído por períodos xeolóxicos máis específicos. Nalgúns rexións tense incluído un período calcolítico intermedio entre a Idade da Pedra e a Idade de Bronce. Para as culturas nas que as ferramentas de metal indíxenas tiñan un uso moi restrinxido téñense inventado outras clasificacións, como etapa lítica, etapa arcaica ou etapa formativa.

Os períodos históricos refírense a períodos do desenvolvemento humano posteriores á invención da escrita. Os rexistros históricos, en calquera das súas formas, tenden a fornecer unha visión máis política das nacións dominantes, o que permite unha categorización de acordo cos imperios e culturas predominantes, como helenístico, Roma antiga, viquingos etc. É inevitábel que estas definicións dos períodos só teñan relevancia na rexión dese imperio ou cultura.

A Idade Industrial ou Idade Contemporánea, faise comezar normalmente a finaisdo século XVIII. A Revolución Industrial, que comezou en Europa Occidental, conduciu ao comercio internacional e aos imperios globais.

Continentes Rexións Principais PeríodosÁfricaNorte de ÁfricaPaleolítico Epipaleolítico Neolítico c7500 aC Idade de Ferro Roma antigaÁfrica sub-saharianaIdade da Pedra Inferior Idade da Pedra Media Idade da Pedra Superior Neolítico c4000 aCAsiaPróximo OrienteIdade da Pedra (2,000,000 aC - 3300 aC) Idade de Bronce (3300 aC - 1200 aC) Idade de Ferro (1200 aC - 586 aC) Períodos históricos (586 aC - presente)Sul de AsiaLeste de AsiaNeolítico c. 6000 aCNorte de AsiaCoreaPaleolítico c. 40,000/30,000 - c. 8,000 aC Período da cerámica Jeulmun c. 8,000 BC - 1500 aC Período da cerámica Mumun c. 1500 BC - 300 ac Período protohistórico c. 300 aC - 300/400 dC Tres Reinos de Corea c. dC 300/400 - 668 dCXapónPaleolítico c. 100,000 - c. 10,000 aC Período Jomon c. 10,000 BC - 300 aC Período Yayoi c 300 aC - 250 aC Período Yamato c. 250 aC - 710 aCAméricaAmérica do NorteLítico/Paleo-India (pre 8000 BC) Arcaica (c. 8000-1000 BC) Formativa (c. 1000 BC - AD 500) Clásica (c. AD 500 - 1200) Post-Clásica (c.1200 - 1900)MesoaméricaLítico/Paleo-India (pre 8000 BC) Arcaica (c. 8000-1000 BC) Formativa (c. 1000 BC - AD 250) Clásica ( AD 250 - 900) Post-Clásica (AD 900 -1515)SuraméricaLítico/Paleo-India (pre c. 8200 BC) Arcaica (c. 8200 - 1000 BC) Formativa (c. 1000 BC - AD 500) Clásica( c. AD 500 - 1200) Post-Clásica (c. AD 1200 - 1900)OceaníaAustraliaNova ZelandiaPeríodo arcaico (1000 dC - 1350/1650) Período clásico (1350-1800 dC) ou (1650-1800 no leste da Illa do Sul)OceaníaEuropaEuropa do NorteMesolítico Neolítico Idade de Bronce Idade de Ferro Idade de Ferro romana (c. 1 dC - 400) Idade de Ferro xermánica (c. 400- 800) Idade dos viquingos (c. 800 - 1066) Baixa Idade Media (1066 - c. 1500) Período post-medieval (c. 1500 - c. 1800) Idade ContemporáneaEuropa OccidentalPaleolítico Mesolítico Neolítico Idade de Ferro Roma antiga Alta Idade Media (c. AD 400- 800) Baixa Idade Media (800 - c. 1500) Período post-medieval (c. 1500 - c. 1800) Idade ContemporáneaBalcánsPaleolítico Epipaleolítico Neolítico Calcolítico Idade de Bronce Idade de Ferro Helenismo Roma antiga Período bizantizo

Categoría:Arqueoloxía Categoría:Listas Categoría:Periodización