Frédérique Duyrat, nada en Châtenay-Malabry, departamento de Altos do Sena, o 6 de outubro de 1970, é unha bibliotecaria, historiadora e numismática francesa."Duyrat, Frédérique (1970-....)". BnF Catalogue général.
Traxectoria Frédérique Duyrat cursou estudos superiores de Historia na Universidade Paris-Sorbonne (Paris IV), onde se graduou en 1994. O ano seguinte acadou o mestrado en Historia Grega e en 2000 o seu doutoramento en Historia,Amandry, M. (2005). "Les directeurs du département des Monnaies, Médailles et Antiques depuis 1719 ". Bibliothèque nationale de France. Comité d'histoire. baixo a dirección de André Laronde, pola mesma universidade,"Curriculum Vitae: Frédérique Duyrat". Academia.edu cunha tese acerca das emisións monetarias de Arados na época helenística."Arados hellénistique. Etude historique et monétaire. Par Frédérique Duyrat ". Theses.fr"Duyrat, Frédérique". En Conis Weekly. 31 de maio de 2017.
Duyrat especializouse na historia e a numismática do Próximo Oriente clásico e helenístico, e entre 1996 e 1998 exerceu como bolseira de investigación no Instituto Francés de Arqueoloxía do Próximo Oriente, en Damasco.
Entre 1998 e 2001, Duyrat foi profesora de Historia Grega na Paris-Sorbonne, e de 2001 a 2009 ensinou Historia Antiga na Universidade de Orleáns.
En xaneiro de 2010 incorporouse ao Departamento de Moedas, Medallas e Antigüidades da Biblioteca Nacional de Francia —tamén coñecido como Gabinete de Medallas—, como responsable da colección de moedas gregas.
Paralelamente ao seu labor no Gabinete de Medallas, foi tamén investigadora asociada no Centro Ernest Babelon, de Orleáns, e no Institut de recherche sur les archéo-matériaux, de 2002 a 2013.
Desde 2013, é conservadora xeral de bibliotecas e ocupa o posto de directora do Departamento de Moedas, Medallas e Antigüidades da Biblioteca Nacional de Francia, en París.Amandry, M. (2005). "Les directeurs du département des Monnaies, Médailles et Antiques depuis 1719 ". Bibliothèque nationale de France. Comité d'histoire."Page personnelle de Frédérique Duyrat ". Bibliothèque nationale de France.
Entre outras entidades asociativas e académicas, Duyrat é membro da Sociedade de Profesores Universitarios de Historia Antiga, da Asociación Francesa de Historia Económica e da Sociedade Francesa de Numismática. Tamén forma parte da terna de directores da Revue numismatique.
Fréderique Duyrat dedicou a maior parte do seu traballo académico á historia do mundo grego vista a través do estudo do diñeiro. Entre os recoñecementos académicos que recibiu pódense salientar o Premio Mendel (2005), do Institute de France - Académie des Inscriptions et Belles Lettres, e o Premio Delepierre (2005), da Société pour l'Encouragement des Etudes Greques, pola publicación da súa tese de doutoramento, baixo o título de Arados hellénistique. Étude historique et monétaire.
Frédérique Duyrat é membro do comité do Consello Internacional de Numismática, e editora da súa publicación en liña Compte Rendu."Committee of the INC. No sitio web do CIN. Publicacións Duyrat é autora dun bo número de artigos e colaboracións publicados en revistas especializadas e en publicacións conxuntas. Ademais, é autora e editora dalgúns traballos monográficos sobre numismática antiga:"Duyrat, Frédérique 1970- ". Digital Library Numis.
(2002). Les monnayages syriens, quel apport pour l’histoire du Proche-Orient hellénistique et romain ? (con C. Augé). Institut français d'archéologie du Proche-Orient. ISBN 2912738172 (2005). Arados hellénistique. Étude historique et monétaire. Institut français d'archéologie du Proche-Orient , Beirut. ISBN 2912738334 (2008). L’exception égyptienne ? Production et échanges monétaires en Égypte hellénistique et romaine (con O. Picard, eds.) Institut français d'archéologie orientale, O Cairo. ISBN 978-2724704105 (2012). Le Charaktèr du Prince. Expressions monétaires du pouvoir en temps de troubles (con A. Suspène, eds.). Cahiers d’histoire ancienne 49. (2016). Les monnaies de fouille du monde grec (VIe-Ier s. a.C.). Apports, approches et méthodes (con C. Grandjean, eds.). Scripta Antica n° 93. Ausonius, Bordeaux. ISBN 9782356131706 (2016). Wealth and Warfare. The Archaeology of Money in Ancient Syria. American Numismatic Society, Nova York. ISBN 978-0-89722-346-1
Notas
Categoría:Nados en 1970 Categoría:Nados no departamento dos Altos do Sena Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Historiadores de Francia Categoría:Bibliotecarios Categoría:Alumnos da Universidade de París-Sorbona Categoría:Profesores da Universidade de Orleáns Categoría:Persoas relacionadas coa Biblioteca Nacional de Francia Categoría:Directores de museos